Eugenio Meizoso Núñez
Eugenio Meizoso Núñez, nado en Ferrol cara a 1908 e finado en Narón o 22 de agosto de 1936, foi un mestre e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1908 Ferrol, España |
Morte | 22 de agosto de 1936 (27/28 anos) Narón |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | mestre , político |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria editar
Fillo de José Meizoso Pita, primeiro condestable da Armada. Participou nos festivais de teatro organizados pola sociedade "La Gran Peña" da Graña.[1] Traballaba como mecánico da Armada na base naval da Graña, onde sufriu un accidente e tiveron que amputarlle dous dedos na man en 1924.[2] Fixo a carreira de Maxisterio na Escola Normal de Santiago de Compostela, rematando en 1928.[3] Colaborou en El Correo Gallego.[4] Foi mestre interino de Bardaos (1930-31). Aprobou as oposicións en 1931.[5] Foi mestre de Portela e dende 1934 da escola de Sedes (Narón). Militante do PSOE. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Foi asasinado polos franquistas o 22 de agosto de 1936 no cemiterio de San Xiao de Narón.
Vida persoal editar
Casou con Herminia Mouriño Pena, e foi pai de Elías e Marcos Meizoso Mouriño.[6]
Notas editar
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
- Eugenio Meizoso Núñez na páxina web Nomes e Voces.