Corymbia ficifolia

especie botánica
(Redirección desde «Eucalyptus ficifolia»)

O Corymbia ficifolia, previamente Eucalyptus ficifolia, é unha  árbore da familia Myrtaceae (a mesma familia na que se inclúen os eucaliptos verdadeiros). Emprégase coma ornamental en Galicia.[Cómpre referencia]

Vista da planta
Botóns florais.

Distribución e hábitat editar

É nativo dunha área pequena das costas do sur de Australia Occidental (dunhas ducias de quilómetros) ao leste da localidade de Walpole (430 km ao sueste de Perth), porén non é considerada vulnerábel en estado salvaxe.

En Australia denomínana "Red Flowering Gum" (eucalipto de flor vermella

Prefire solos infértiles e areentos, mais adáptase de xeito doado a unha gran diversidade de condicións tépedas. Non atura as xeadas severas ou o exceso de humidade tropical.

Úsase coma ornamental coma árbore de beirarrúa: algo resistente ao frío, de moderado crecemento, non adoita requirir poda.

Non se reproduce por esgallos, pero faino ben de semente, tarda ao redor de 7 anos antes de que floreza por vez primeira e 15-20 anos para acadar o seu tamaño final que é de entre 2–8 m como máximo.

Taxonomía editar

Corymbia ficifolia foi descrita por (F.Muell.) K.D.Hill & L.A.S.Johnson e publicado en Telopea 6: 245. 1995.[1]

Sinonimia
  • Eucalyptus ficifolia F.Muell.
  • Eucalyptus ficifolia var. alba Guilf.
  • Eucalyptus ficifolia var. bakeri Guilf.
  • Eucalyptus ficifolia var. carmina Blakely
  • Eucalyptus ficifolia var. rosea Guilf.[2]

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Bibliografía editar

  1. Hill, K.D. & Johnson, L.A.S., (1995) Systematic studies in the eucalypts. 7. A revision of the bloodwoods, genus Corymbia (Myrtaceae). Telopea 6(2-3).: 245 [comb. nov.]
  2. Wheeler, J.R., Marchant, N.G. & Lewington, M.(2002) Flora of the South West 2.: 698
  3. Taplin, R.L. & Symon, D.E., (2008) Remnant horticultural plants at the site of the former Newman's Nursery, 1854-1932. Journal of the Adelaide Botanic Gardens 22.: 84