Eu mato xigantes
Eu mato xigantes (inglés: I Kill Giants) é unha obra de banda deseñada estadounidense publicada en 2008. Foi creada polo escritor Joe Kelly e o debuxante Ken Niimura. Conta a historia de Barbara Thorson, unha rapaza que tenta escapar dos seus problemas fuxindo a un mundo de fantasía cheo de maxia e monstros.
Eu mato xigantes | |
---|---|
Autor/a | Joe Kelly |
Ilustrador/a | Ken Niimura |
Orixe | Estados Unidos de América |
Lingua | lingua inglesa |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A obra foi traducida ao galego por Moisés Barcia, e foi editada por Rinoceronte Editora en 2024.[1]
Sinopse
editarBarbara Thorson é unha rapaza divertida, mais que non logra adaptarse e facer amigos. Encántalle xogar ao Dungeons & Dragons. Obsesionada coa fantasía, só fala sobre os xigantes, aos que considera reais. Unha vez decidida a detelos, a fantasía comeza a integrarse na súa vida real.[2]
Premios
editar- Mellor obra indie (IGN, 2008)[3]
- Premio de ouro (V Premio Internacional de Manga, 2012)[4]
Adaptacións
editar- Artigo principal: I Kill Giants (filme).
A obra foi adaptada ao cinema en 2017 polo director Anders Walter, con guión do propio Joe Kelly.[5] A película conta coas actuacións de Madison Wolfe, Imogen Poots, Zoe Saldaña e Noel Clarke.[6]
Notas
editar- ↑ "Eu mato xigantes". rinoceronte.gal. Consultado o 8 de agosto de 2024.
- ↑ "JOE KELLY TALKS ABOUT I KILL GIANTS - NEWSARAMA". web.archive.org. 2008-12-05. Arquivado dende o orixinal o 05 de decembro de 2008. Consultado o 2024-07-01.
- ↑ "IGN Comics: Best Indy Book 2008". web.archive.org. 2009-01-06. Arquivado dende o orixinal o 06 de xaneiro de 2009. Consultado o 2024-07-01.
- ↑ "International MANGA Award". web.archive.org. 2014-01-16. Arquivado dende o orixinal o 16 de xaneiro de 2014. Consultado o 2024-07-01.
- ↑ Barton, Steve (2015-03-23). "I Kill Giants on the Big Screen". Dread Central (en inglés). Consultado o 2024-07-01.
- ↑ Davis, Scott J. (2015-09-13). "Zoe Saldana to star in graphic novel adaptation I Kill Giants". Flickering Myth (en inglés). Consultado o 2024-07-01.