A illa Etolin (Inglés:Etolin Island) é unha illa dos Estados Unidos localizada no arquipélago Alexander, no sueste do estado de Alasca (56°08′N 132°24′O / 56.133, -132.400) Atópase entre a illa do Príncipe de Gales, ao oeste e o territorio continental de Alasca, ao leste, e a illa Wrangell, ao sueste. Cartografouse por primeira vez en 1793 por James Johnstone, un dos oficiais de George Vancouver durante a a súa expedición 1791-95. Trazou soamente a súas costas do suroeste e do leste, sen decatarse de que era unha illa.[1] Orixinalmente chamouse illa do Duque de York (Duke of York Island), pasou a chamarse Etolin cando os Estados Unidos realizaron a compra de Alasca a Rusia.[2] Etolin leva o seu nome en recoñecemento a Adolf Etolin, administrador colonial na América rusa entre 1840 e ata 1845.

Etolin
Etolin en Alasca
Etolin
Etolin
Localización da illa
Alaska Panhandle.png
Situación
PaísEstados Unidos de América Estados Unidos
EstadoAlasca Alasca
ArquipélagoArquipélago Alexander
MarOcéano Pacífico
Coordenadas56°05′52″N 132°21′37″O / 56.09778, -132.36028Coordenadas: 56°05′52″N 132°21′37″O / 56.09778, -132.36028
Xeografía
Superficie878´1 km²
Longura máxima48 km.
Largura máxima16 - 35 km.
Demografía
Poboación15 (Censo 2000)
Densidade<1 hab./km²

A illa ten 48 km de longo e entre 16 e 35 km de largo, cunha superficie de 878´08 km², polo que é a 24ª illa máis grande dos Estados Unidos. Segundo o censo de 2000, Etolin tiña unha poboación de tan só 15 persoas.

Na illa hai unha poboación introducida de alces. Toda a illa atópase dentro dos límites do Bosque nacional Tongass (Tongass National Forest). a parte sur da illa designouse oficialmente como Área Salvaxe Etolin Sur (South Etolin Wilderness).

NotasEditar

  1. Vancouver, George, and John Vancouver (1801). A voyage of discovery to the North Pacific ocean, and round the world. London: J. Stockdale. 
  2. Statement of facts regarding the Alaska boundary question, p.1383 Arquivado 27 de maio de 2011 en Wayback Machine., Alexander Begg (1825–1905), Report to the Attorney-General of British Columbia, 1902.

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar