Abrir o menú principal

Ethel Turner

escritora australiana

Ethel Turner, nada o 24 de xaneiro de 1872 e finada o 8 de abril de 1958, foi unha escritora británica que escribiu novelas e obras para o público xuvenil.

Ethel Turner
Ethel Turner-H Cazneaux.jpg
Nacemento24 de xaneiro de 1872
 Doncaster
Falecemento8 de abril de 1958
 Sydney
NacionalidadeReino Unido e Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda
RelixiónProtestantismo
Alma máterSydney Girls High School
Ocupaciónescritora, poeta, novelista e escritora de literatura infantil
CónxuxeHerbert Curlewis
IrmánsLilian Turner
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Naceu en Inglaterra, bautizada como Ethel Sybil Burwell, o seu pai morreu cando ela contaba con só dous anos, súa nai volveu casar ó ano seguinte cun home vinte anos maior e que xa tiña seis fillos. E cando o seu novo home morreu a súa nai quedou soa con nove fillos, ao ano seguinte xa en Australia, Ethel tiña nove anos, casou de novo. Nese tempo Ethel vivía en Sidney educada nunha escola feminina como era entón o costume. Xunto á súa irmá Lilian comezou a escribir cando tiña dezaoito anos coincidindo co traslado da súa familia ao campo. En 1896 casou con Herbert Curlewis, un avogado.

ÉxitoEditar

A obra máis coñecida desta autora foi a primeira, Sete rapaces australianos, escrita cando tiña vinte e un anos e considerada un clásico da literatura infantil australiana, describe a vida da familia Woolcot, con seus sete fillos fedellos e rebichados en Australia.