Etelhems krukmakeri
Coordenadas: 57°19′48″N 18°30′20″L / 57.3299219, 18.5055263
Etelhems krukmakeri (olaría de Etelhem) é unha olaría en Etelhem, Gotland, a máis antiga da illa.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/31/Etelhems_krukmakeri.jpg/250px-Etelhems_krukmakeri.jpg)
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/c/cf/Cartel_da_Etelhems_Krukmakeri.jpg/250px-Cartel_da_Etelhems_Krukmakeri.jpg)
Historia
editarEtelhems krukmakeri foi fundada en 1889 por Axel Nilsson, que fabricaba accesorios e estufas de azulexos. Cando o seu fillo Axel Olof Nilsson se fixo cargo do negocio cesou a produción de estufas. No ano 1960 Egil Solberg mercou o negocio, e ademais de fabricar accesorios de cerámica tamén comezou a producir adornos con deseños máis modernos. En 1967 construíuse un forno de arroz (risugn), que permitía temperaturas de ata 1025 °C. En 1980 o seu fillo Torleif Solberg tomou o seu relevo. No ano 2001 a olaría foi declarada edificio histórico (byggnadsminne) pola Xunta Administrativa do condado de Gotland.[1]
Notas
editar- ↑ Beslut - Byggnadsminnesförklaring, Länsstyrelsen Gotlands län, 2001-08-31. Dnr 221-3122-00
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Páxina da olaría (en sueco).