Etalon (satélites)

Etalon é o nome de dous satélites artificiais soviéticos lanzados en 1989. Foron tamén coñecidos como Kosmos 1989 (Etalon 1) e Kosmos 2024 (Etalon 2).[1][2]

Un dos satélites Etalon.

Características editar

Os satélites Etalon eran satélites pasivos lanzados para facer estudos xeodésicos co fin de mellorar as medicións do campo gravitatorio e a constante gravitatoria e para aumentar a precisión do sistema de referencia terrestre e dos parámetros de rotación da Terra. Tiñan forma de esfera de 1,294 m de diámetro e ían recubertos de retrorreflectores. Estaban feitos dunha aliaxe de titanio e aluminio, cunha masa por satélite de 1415 kg. Ambos satélites foron lanzados mediante foguetes Proton K/DM-2.[1][2]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Mark Wade (2020). "Etalon" (en inglés). Consultado o 19 de marzo de 2020. 
  2. 2,0 2,1 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Etalon 1, 2" (en inglés). Consultado o 19 de marzo de 2020. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar