Chámase estufa[1] ao aparello que produce calor e emíteo para quentar un ou varios ambientes. A diferenza fundamental entre o fogar aberto e a estufa, é que esta confina dentro o lume para protexer aos usuarios de contactos accidentais; ademais permite un control da potencia moito mellor que no fogar aberto, mediante a regulación do caudal de entrada de aire para a combustión e require menos aire exterior para a evacuación dos fumes. En xeral, é un sistema de quecemento unitario ou local, que soamente serve para o local onde está.

Estufa de deseño eficiente en catro etapas

Por extensión coñécese co nome de estufa, calquera aparello de invención posterior que produce calor e que serve para quentar, e nalgúns países para cociñar. Funciona tradicionalmente por medio da combustión, pero modernamente deuse en chamar co mesmo nome ás que funcionan por electricidade (por efecto Joule).

Notas editar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para estufa.