Estridón (en latín: Strido Dalmatiae) foi unha cidade na provincia romana de Dalmacia. A súa localización exacta é descoñecida. A cidade coñécese especialmente por ser o lugar onde naceu Xerome de Estridón. Tamén era de aquí Domno de Estridón, un bispo que participou no Primeiro Concilio de Nicea, e o sacerdote Lupicino de Estridón. En 379 a cidade foi destruída polos godos. Xerome escribiu sobre iso na súa obra De viris illustribus:[1] «Hieronymus patre Eusebio natus, oppido Stridonis, quod a Gothis eversum, Dalmatiae quondam Pannoniaeque confinium fuit...».

É posíbel que Estridón estivese situada no territorio da actual Croacia ou Eslovenia. Posíbeis localizacións son: Sdrin, Štrigova, Zrenj (Croacia), Starod (Eslovenia).[2]

Notas editar

  1. Xerome, De viris illustribus, cap. 135.
  2. "Družina: Neizčrpen vir". Arquivado dende o orixinal o 19 de outubro de 2007. Consultado o 01 de decembro de 2010.