Abrir o menú principal

Estrella distante

Novela de Roberto Bolaño

Estrella distante é a cuarta novela do escritor chileno Roberto Bolaño, publicada orixinalmente en outubro de 1996 pola colección «Narrativas hispánicas» da Editorial Anagrama,[1] e dende novembro de 2000 pola colección «Compactos», co mesmo número de páxinas pero trocando a súa portada e deseño.[2]

Estrella distante
Autor/aRoberto Bolaño
OrixeFlag of Chile.svg Chile
Linguacastelán
Colección«Narrativas hispánicas»
Xénero(s)novela
EditorialEditorial Anagrama
Data de pub.outubro de 1996
FormatoPapel
Páxinas160
ISBNISBN 78-84-339-1040-0
Precedido porLa literatura nazi en América
Seguido porLos detectives salvajes

Este foi o primeiro libro de Bolaño editado por Jorge Herralde, propietario de Anagrama, con quen comezaría dende entón unha estreita amizade e unha prolífica relación laboral, publicando nesta editorial cando menos un libro cada ano até 2003, o ano da súa morte.[3]

O libro está dedicado á súa nai, Victoria Ávalos, e ó seu primeiro fillo, Lautaro Bolaño. Segundo o propio autor, nesta novela tenta «una aproximación, muy modesta, al mal absoluto».[4]

Carlos Wieder, o «infame» protagonista da novela, está baseado nun personaxe real. Bolaño coñeceu a súa historia a través do artista chileno Jaime Rivera.[5]

NotasEditar

  1. Anagrama. "Estrella distante - Narrativas hispánicas". Consultado o 10 de maio de 2012. 
  2. Anagrama. "Estrella distante - Compactos". Consultado o 10 de maio de 2012. 
  3. Herralde 2005, pp. 31-47.
  4. Manzoni 2002, pp. 33-35.
  5. Careaga, Roberto (28 de novembro de 2012). "Libro recrea la guerrilla mexicana de Bolaño". La Tercera. Consultado o 28 de novembro de 2012. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar