Abrir o menú principal

Estrella de Navidad é unha cervexa especial de edición limitada lanzada ao mercado anualmente por Estrella Galicia co gallo das festas do Nadal. Adoita comercializarse na canle de alimentación dende finais do mes de Novembro ata o final das festas do Nadal en caixas de seis botellas de 33 centilitros.

Esta cervexa caracterízase por estar elaborada con 100% malte e lúpulo cultivado en Galiza, na plantación que a compañía xestiona no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo dende o 2005.

Na edición do 2010, esta cervexa incorporou importantes novidades no seu envase. A novidade máis chamativa foi a aplicación dunha etiqueta transparente autoadhesiva de carácter termosensible que cambia a súa cor cando a cervexa acada a temperatura óptima para o seu consumo. Outra novidade salientable foi o uso dun tapón abre-fácil que permite prescindir dun abridor e facilitar así a súa apertura inmediata.

NotasEditar