Estrella Abecassis de Laredo

física venezolana

Estrela Abecassís de Laredo, nada en Melilla o 7 de febreiro de 1940,[1] é unha investigadora e académica venezolana na área da física de materiais na Universidade Simón Bolívar (Caracas, Venezuela) onde foi distinguida co título de Profesora Emérita no ano 2009.

Modelo:BiografíaEstrella Abecassis de Laredo
Biografía
Nacemento(es) Estrella Abecassis Editar o valor en Wikidata
7 de febreiro de 1940 Editar o valor en Wikidata (84 anos)
Melilla, España Editar o valor en Wikidata
Profesora emérita
2009 – Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade Simón Bolívar (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfísica Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade Simón Bolívar (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Foi galardoada co Premio Nacional de Ciencia, Mención Física, outorgado polo Consello Nacional para Investigacións Científicas e Tecnolóxicas. Salientan os seus traballos na Técnica de Correntes Termo Estimuladas de Polarización e Depolarización para a análise de materiais.

É fundadora da Sociedade Galileana da USB e do Laboratorio de Física do Estado Sólido e do Grupo FIMAC, tamén na USB. É membro da Asociación Venezolana para o Avance da Ciencia, da Sociedade Americana de Física (EUA) e da Sociedade Europea de Física. Foi autora ou editora de 33 libros ou monografías e foi coautora de máis de 100 publicacións arbitradas.