Dardanelos

(Redirección desde «Estreito dos Dardanelos»)

Coordenadas: 40°12′N 26°24′L / 40.2, 26.4

Dardanelos (turco: Çanakkale Boğazı; grego: Δαρδανέλλια), antigamente Helesponto, é un estreito no noroeste da Turquía que liga o mar Exeo ao mar de Mármara. O seu nome provén de Dradania, unha antiga cidade frixia enclavada na beira asiática do estreito. Mide uns 71 km de lonxitude, cun ancho que varía dos 1.600 m aos 6.500 m, e ten unha profundidade media duns 50 m.

Os Dardanelos, que separan os Balcáns, ao longo península de Gallípoli, de Asia Menor.
Localización do estreito dos Dardanelos.
Vista satélite dos Dardanelos.

Ao igual que o estreito de Bósforo separa Europa (neste caso, a península de Gallipoli) de Asia. A maior cidade próxima ao estreito é Canakkale, que ten o seu nome do seu famoso castelo (kale significa "castelo").

Os Dardanelos é un antigo vale fluvial que se afundiu no cuaternario. Ten unhas costas pouco accidentadas e nel abunda o peixe.

Historia editar

O estreito tivo un papel importante ao longo da Historia (por exemplo, a Guerra de Troia acontece no lado asiático do estreito). Foi tamén o escenario da lendaria historia grega de Hero e Leandro. Os exércitos persas de Xerxes I (480 a. C.) e, máis tarde, o exército macedoniano de Alexandre o Grande (334 a. C.) atravesaron o estreito de Dardanelos en direccións opostas para invadir as terras uns dos outros.

No Imperio Bizantino foi importante para a defensa de Constantinopla.

A partir do século XIV o estreito foi controlado case continuamente polos turcos, tendo unha importancia vital para a armada do Imperio Otomán para a súa dominación no mar Mediterráneo oriental. O estreito sufriu unha tentativa de invasión con innúmeras perdas humanas polos aliados durante a primeira guerra mundial que case custou a carreira política de Winston Churchill (a Entente (Alianza) perdeu a batalla o 18 de marzo de 1915).

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar