Estratopausa

capa de transición entre a mesosfera e estratosfera

A capa gasosa que rodea ao planeta Terra divídese teoricamente en varias capas concéntricas sucesivas: troposfera, tropopausa, estratosfera, estratopausa, mesosfera e termosfera.

Capas da atmosfera; troposfera e tropopausa, estratosfera e estratopausa, mesosfera, mesopausa e termosfera

A estratopausa é a capa de transición que está situada entre a mesosfera e estratosfera. A maior parte do ozono da atmosfera sitúase en torno aos 22 quilómetros por riba da superficie da Terra, na rexión próxima á estratopausa, na parte superior da estratosfera.

A estratosfera ten como límite superior a estratopausa, onde está o punto de inflexión da temperatura, a súa temperatura mantense ó redor de 0 °C case constantemente.

A 30 quilómetros dentro da estratosfera, está a capa de ozono da cal depende a vida na Terra; máis enriba está a rexión quente que termina na estratopausa a uns 50 km de altitude. Os movementos do aire nesta rexión son case na súa totalidade horizontais, obedecendo aos ventos da estratosfera.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre ciencias é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.