Os Estomiformes (Stomiiformes) son unha orde de peixes mariños teleósteos, da superorde Estenopterixios (Stenopterygii), propios de augas tropicais ou temperadas. A maioría son peixes abisais.

Chauliodus sloani

Características editar

Posúen órganos bioluminiscentes, chamados fotóforos, que lles permiten as funcións de relación na escuridade absoluta na que viven. A disposición máis común é unha ou dúas fileiras de fotóforos na parte inferior do corpo a ámbolos lados, así como na punta das barbas que poden presentar. A luz que emiten estes peixes é practicamente invisible para os seus depredadores.

Algunhas especies posúen barbas baixo a boca. Teñen largos dientes tanto no maxilar como no premaxilar, e a boca prolóngase máis aló do ollo na maioría das especies. Cando teñen escamas, estas son cicloides, pero en moitos casos se perderon. Algúns non tenen aleta dorsal, pectorais nin aleta adiposa, pero noutras especies existe unha aleta adiposa ventral. Teñen entre 5 e 24 fendeduras branquiais.

Adoitan ser de cor marrón escuro ou negro, se ben algúns Gonostomatoidei son prateados.

Clasificación editar

Divídense en dúas subordes e catro familias:

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar