O estilo severo é o estilo que floreceu na escultura da Grecia Antiga entre o período Arcaico e o período Clásico, denominando tamén o seu período particular no ámbito da historia da arte escultórica. Tamén por veces é referido como Pre-Clasicismo, Estilo Austero, ou Clasicismo Primitivo. Porén máis do que unha simple transición, o estilo Severo expresa valores estéticos e sociais específicos, xustificando a súa delimitación como un estilo independente. Introduciu unha flexibilización naturalista substancial nos ríxidos cánones de tendencia abstracta da fase anterior, e distínguese tamén do vocabulario formal moito máis variado das fases Clásica e helenista subsecuentes, sen que iso signifique posuí­r menor mérito artístico. De facto, entre a súa produción encóntranse obras como o Auriga de Delfos, o Deus do Cabo Artemisio e o grupo decorativo do Templo de Zeus en Olímpia, tido como o máis importante e típico exemplar do estilo Severo.[1]

Copia moderna do Apolo do Templo de Zeus en Olimpia. O orixinal está no Museo Arqueolóxico de Olimpia

Foi un estilo cultivado en toda a área de influencia grega. O termo foi así denominado por Gustav Kramer no seu libro Über den Styl und die Herkunft der bemahlten griechischen Thongefässe (1837), referíndose á primeira xeración de pintores de vasos "figura vermella", mais a partir do estudo Der strenge Stil (1937) de Vagn Poulsen, tornouse un domínio preferencial da escultura.

Non existe consenso entre os historiadores respecto ás datas de início e fin deste período. Usualmente considérase pertencer ao estilo Severo a xeración activa entre c. 480 a. C. e 450 a. C., mais outros, baseados en boas evidencias, prefiren recuar o inicio do intervalo para c. 500 a. C..C. e estender o seu final até o 440 a. C. e mesmo alén, dando marxe para a inclusión de exemplos precursores e outros máis tardíos. Esa polémica está ligada ás dificultades de datación exacta de moitas pezas, ao carácter dinámico da arqueoloxía, sempre traendo novos datos, e á propia fluidez que cerca a definición das características e dos li­mites dun estilo artístico, o que, como acontece en toda historiografía e crítica da arte, é sempre materia de gran sutileza e pasíbel dunha variedade de interpretacións.[1][2][3]

Antecedentes e contexto

editar
 
Exemplo de kouros Arcaico: O Kouros de Anavissos, c. 530 a. C. Museo Arqueolóxico Nacional de Atenas

A sociedade do período Arcaico (c. 700 a. C. a 500 a. C.) era dirixida por unha aristocracia formada por clans que monopolizaban o poder e a cidadanía, vivindo na opulencia ociosa dos seus valores e dereitos tradicionais.[4] Cara á fin do período, o poder comeza a ser disputado polos tiranos, con apoio dun sistema militar reformado, mentres que a expansión marítima e comercial abría para outras persoas un maior campo de oportunidades de enriquecemento e ascensión social e traía para a Grecia unha variedade de influencias culturais.[5]

No terreo da estatuaria a tipoloxía máis prestixiosa continuaba sendo o kouros, coa súa contraparte feminina, a koré (tamén kuros e korai) estatuas independentes cuxo modelo xurdira case dous séculos antes e até o final da fase Arcaica pouca variación coñeceu, sendo usadas como monumento fúnebre ou civil, e como estatua de culto ou oferta votiva. Con seu porte augusto e inabalábel, a súa nudez heroica, a súa expresión facial segura e confiante, sempre sorrintes, a súa invariábel frontalidade, os kouroi non eran retratos de individuos, mais representación de ideais e valores abstractos da aristocracia. Nos relevos, nas korai e na estatuaria pedimental a liberdade foi ben maior e atópase unha variedade de posturas, pero o kouros tivo historicamente un papel especial na evolución da escultura grega. Mentres que os conxuntos da estatuaria pedimental eran vistos sempre a boa distancia e as súas formas dependían da súa localización nas fachadas, e a koré estaba sempre vestida, o kouros era un monumento autónomo, instalado ao ras do chan ou sobre bases baixas, accesíbel á exploración visual detallada en todos os ángulos. E, estando sempre nu, as inconsistencias na súa modelaxe non podían ser ignoradas, tornándoo o campo privilexiado para o estudo da anatomía humana.[6]

Na entrada do século V a.C. a xestación dun novo modelo político, máis liberal no senso social do termo, chega a un fin coa ascensión de Clístenes ao poder, consolidando en torno a 508 a. C. a democracia ateniense, que revolucionou toda a forma de pensamento da súa época. O estilo Severo, cuxos exemplos precursores recoñecidos datan desa altura, ten sido asociado á institucionalización dese novo sistema político e social, que repercutiría na arte de forma a facer abandonar con rapidez a tipoloxía dos kouroi, intimamente asociada coa rica, elegante e sensual sociedade aristocrática Arcaica e con seus valores despóticos e exclusivistas, dando lugar á simplicidade e á economí­a, xunto cunha atenção maior a particularismos e emocións, que espellaban a maior participación do individuo na sociedade e o nacemento dunha nova ética, na evolución da kalokagathia -a identificación da Beleza coa Virtude- para a paideia, significando a educación integral para a formación dun cidadán perfecto. É outro dato importante na fase Severa a consolidación dunha nova forma de analizar a realidade visíbel.[7] Ao contrario do pensamento Arcaico, cando aí­nda non se era capaz de descubrir ningunha orde racional no mundo da experiencia inmediata, e se invocaban razóns mitolóxicas sobrenaturais para os acontecementos e fenómenos da Natureza, a partir das inquiricións dos filósofos presocráticos comezasen a imaxinar que o mundo podería "ter sentido" e que o destino dos homes dependía deles mesmos. Non é estraño logo que se desenvolva un novo interese polos estados mentais e emocionais, e que se tente expresar esas pescudas na arte naturalista, dramática e dinámica do período.[8]

 
Friso Arcaico tardío coa XIgantomaquia, do Tesouro de Sífnos, c. 525 a. C. Museo Arqueolóxico de Delfos
 
Guerreiro do Templo de Afaia, frontón oeste, c. 505-500 a. C. Gliptoteca de Múnic. Exemplo precursor do estilo Severo
 
Mestre de Olimpia: Parte do pedimento oeste do Templo de Zeus en Olimpia, c. 470-457 a. C..Museo Arqueolóxico de Olimpia. Exemplo maior do estilo Severo plenamente expresado

Non obstante, un estudo de Andrew Stewart afirma que as pescudas estratigráficas realizadas na Acrópole de Atenas revelan case con certeza que o estilo Severo está ausente en capas anteriores ao saqueo persa de 480 a. C., e que todo o material subxacente é Arcaico. Segundo el as diversas estatuas Severas encontradas evidencian ser dunha data posterior en até 40 anos á reocupación ateniense da cidadela. Escavacións noutros locais traerían resultados semellantes, facendo inaugurar o estilo coa segunda versión do grupo dos Tiranicidas, a de Crítio e Nesiotes, esculpido entre 477 e 476 a. C., relacionándoo coa vitoria grega contra os persas e ao sentimento de autoconfianza que dela derivou, unha confianza que tamén dependía da madurez do modelo social da cidade-estado e da vida estábel que ela proporcionaba, mais que era contrabalanzada pola contención esixida no comportamento individual e por un novo senso de responsabilidade social.[9] Nese sentido, a propia vitoria sobre os persas foi vista como un triunfo da orde e da razón sobre un mundo até entón dominado por forzas descoñecidas e incontrolábeis.[10] Doutro lado, Brunilde Ridgway levanta a hipótese de que Atenas, envolta na guerra, estaría na verdade desfasada artisticamente en relación a outros centros e que é ben plausíbel un inicio anterior fóra de alí para o estilo.[11]

Unha lectura multifocal das orixes do estilo Severo é a máis razoábel, e encontra apoio no feito de que mesmo antes das Guerras Médicas a Grecia xa estaba nunha condición de efervescencia intelectual, tendo ademais estabelecido unha larga rede comercial con varios enclaves e colonias no Mediterráneo, facendo que se desenvolvese unha cultura pan-helénica que xa non se adhería completamente aos antigos principios da aristocracia. Jerome Pollitt engade dicindo que a invasión persa non pode ser responsabilizada pola evidente evolución da técnica escultórica, aí­nda que teña catalizado unha mudanza inmediata na mente colectiva e no gosto, aglutinando o humanismo hesitante dos anos anteriores e o conducindo cara a unha nova óptica artística que no Clasicismo encontraría un terreo para expresión madura. Ao mesmo tempo el xustifica atribuír a lideranza a Atenas na transición do Arcaísmo para o Clasicismo despois da guerra polas propias circunstancias socio-políticas únicas e atípicas desta cidade en relación ao contexto grego da súa época, xunto coa intensa actividade edificadora e artística desencadeada pola reconstrución da Acrópole, aínda que non asocie o Clasicismo resultante exclusivamente con Atenas.[12]

Sexa como for, a propia función da arte modifícase nese período. Mentres que a estatuaria Arcaica era basicamente funcional, adicada ó sagrado ou servindo como monumento no período Severo, libérase do seu utilitarismo e adquire certa autonomí­a. Cunha civilización xa en pleno florecemento, os gregos xa se sentían máis seguros e libres da presión inmediata da loita pola vida e podían dar máis atención ás cuestións da filosofía e da estética. Hauser afirma que nesta etapa...

"... o coñecemento práctico dá lugar ao exame libre, medios de dominar a natureza pasan a ser método de descubrir a verdade abstracta. E así a arte, que comeza por ser unha mera servidora da maxia e do ritual (…), tórnase até certo punto unha actividade pura, autónoma, desinteresada, practicada polo seu propio valor e pola beleza que revela.".[13]
 
O Discóbolo de Miron, c. 460-450 a. C.. Copia romana reducida do século II. Gliptoteca de Múnic.
 
Perséfone entronizada, c. 460 a. C..Museo de Pérgamo. Clara tendencia arcaizante na estatuaria de culto nunha data tardía

Mais debemos coidar no especular en que extensión a arte adquiriu unha independencia da relixión ou deixou de reflectir aspiracións éticas e espirituais cando se entregou á pescuda naturalista. Mesmo que a Beleza fose unha meta, para os gregos ela non tiña sentido sen súa combinación coa Virtude, nun ideal de unidade, perfección e harmoní­a ligado primariamente aos aristócratas pero tamén proxectado nos atletas vencedores dos Xogos, tan decantados na lírica de Píndaro e considerados verdadeiros heroes. E mesmo que os mestres escultores fosen moi prestixiosos pola súa habilidade, aínda eran meros "técnicos", operários especializados. A noción de "arte pola arte" estaba aínda por nacer no distante futuro. Non obstante, o naturalismo das estatuas Severas pronto foi aplaudido, o que indicaba unha mudanza na concepción de arte e no padrón de beleza. O mesmo Píndaro as aclamava por se pareceren a "criaturas viventes", e despois dos Tiranicidas, crido como o primeiro retrato de individuos particulares, estatua de atletas proliferan en toda a Grecia. Na fase Arcaica os atletas vencedores xa eran celebrados erguendo mementos so a forma de kouroi, mais estes non os retrataban fisicamente, antes apenas conmemoraban unha idea xenérica de beleza e de éxito. Agora, nun período en que o individuo gaña máis importancia social por si mesmo e non só epitomiza abstractamente un grupo, os retratos naturalistas multiplícanse e son apreciados pola súa semellanza coas persoas reais, e comezan a ser organizados concursos de beleza física. Aliás, un dos termos gregos para nomear a perfección corporal é agalmatías, significando "estatuesco", "escultural". Esa asociación íntima entre corpo e imaxe fiel do corpo, inaugurada no período Severo e moi expandida máis tarde, fixo da estatuaria para os gregos unha segunda Natureza.[14][15]

A repercusión dese fenómeno na esfera relixiosa tamén foi enorme, a punto de seren rexistrados casos de intercurso sexual con ídolos. Un tal comportamento era até para os gregos unha aberración, mais, significativamente, nun caso relatado ocorrido dentro do propio recinto do Templo de Apolo en Delfos, o deus patrono ordenou a través das súas profetisas que non se punise a persoa, senón que ela ofrecese unha guirlanda de flores como agradecimento. E para tornar o panorama cultural desa fase aí­nda máis dinámico, ao mesmo tempo que crecía a tendencia xeral para o naturalismo, na estatuaria de culto rexeitábase rotundamente unha inclinación arcaizante. Un exemplo que sobreviviu é a Perséfone entronizada hoxe no Museo de Pérgamo, dunha data tan tardía como 460 a. C..460 a. C.., practicamente contemporánea ao Discóbolo de Miron. Este, que foi un dos grandes nomes desa fase e un dos que máis fixeron avanzar o naturalismo, tamén puido esculpir certa ocasión un xoanon, un modelo de imaxe para culto en madeira que remontaba aos tempos Xeométricos. Tales entrecruzamentos de tendencia, función e significados tornan o período Severo un terreo fértil para o estudo e a evolución da escultura grega ben menos linear do que podería parecer.[15]

En suma, o estilo Severo trouxo unha serie de importantes inovacións formais, técnicas e ideolóxicas para a escultura, mais non representou unha ruptura total coa tradición Arcaica, pois ese desenvolvemento non naceu do nada. No que tange aos kouroi, o modelo formal Arcaico máis importante e o que menos se alterou ao longo de máis de 150 anos, as mudanzas introducidas polos escultores Severos acontecen con rapidez e son máis óbvias, mais canto aos relevos e escultura pedimental había desde ben antes unha liberdade moito maior. No período Arcaico tardío xa se tiña conquistado un gran dominio na técnica e acumulado un considerábel repertorio de posicións do corpo humano, aínda que as figuras se encontrasen maiormente de perfil ou de fronte, recurso reminiscente da arte exípcia, que foi unha das fontes orixinais da escultura grega. O friso norte doTesouro de Sífnos (c. 525 a. C..C.), hoxe no Museo Arqueolóxco de Delfos, é un dos exemplos máis vigorosos e avanzados da arte Arcaica tardía - aínda que o seu canon de proporción sexa aí­nda o mesmo dos kouroi - e conduce directamente para o paso seguinte, representado pola decoración do Templo de Afaia, en Egina, de c. 505-480 a. C..505-480 a. C.. , onde xa aparecen situacións en que o corpo é visto en xiro e torsión e o canon de proporción xá é sensibelmente diverso.[16][17]

Características

editar
 
Atribuído a Cálamis: Apolo do ónfalo ou Apolo Alexícaco. Museos Capitolinos
 
Detalle da estatua dun vidente ancián do Templo de Zeus en Olímpia. Museo Arqueolóxico de Olimpia

O estilo Severo recibiu o seu nome pola súa austeridade e economí­a formais e o seu repúdio ao decorativismo. En relacióno ao modelo Arcaico é evidente un maior naturalismo e un estudo moito máis detallado da anatomía, mais tamén aparece a preocupación de captar aspectos da transiencia - o conxelamento da acción nun momento harmónico, aínda que pasaxeiro - e de estados emocionais e mentais nun contexto tinguido por un senso de drama.[18] Jerome Pollitt di que

"As estatuas Arcaicas tenden a ser icónicas, isto é, a seren "presenzas" perennes, asociadas a unha realidade superior e non afectadas polas condicións mutábeis do mundo. As estatuas do Clasicismo Primitivo (do estilo Severo) tenden a ser dramáticas, e transmitir a impresión de que representan unha etapa determinada nunha secuencia de eventos. (…) Crítio (…) rompeu coa centenaria estabilidade da fórmula dos kouroi desprazando o peso do corpo para a perna esquerda, deixando a perna dereita, con seu xeonllo lixeiramente dobrado, libre para equilibrar ou impulsar. O desprazamento do peso para a esquerda ergue o cadril esquerdo e provoca unha leve asimetría no torso. A cabeza vólvese para a dereita, rompendo completamente coa ríxida frontalidade dos kouroi. O efecto deses recursos técnicos é crear unha figura que parece dubidar e estar incerta sobre o que facer e para onde ir. El parece consciente do seu ambiente e estar diante de alternativas que esixen xuí­zo e decisión. En suma, el parece vivir e pensar. No caso do Efebo de Crítio intuitivamente sentimos unha especie de contexto dramático para a estatua, aínda que non poidamos precisar cal sexa".[19]

Os detalles decorativos son reducidos a un mínimo, a énfase recae nos trazos anatómicos principais, e o interese pola caracterización das emocións e polo seu potencial narrativo conduce a unha exploración das súas repercusións sobre a dinámica corporal. A ríxida frontalidade que definiu a estatuaria Arcaica e os seus tipos - o kouros e a kore - é definitivamente deixada para atrás, en prol de representacións abranguendo unha vasta gama de posturas, desde a tranquilidade contemplativa e introspectiva até as agonías da morte, entre contorsións musculares e faces angustiadas. Formúlase un novo canon de proporcións máis elegante, alongado e desenvolto, pasa a tratar diferentemente a deuses e a homes, e aparecen representacións máis verosímiles da vellez, aí­nda que os nenos sigan a ser adultos en miniatura, e aí­nda que continúe a existir grande idealización en todas as formas.[20][21]

A modelaxe da cabeza harmonízase co movemento do torso, este lígase máis organicamente co cadril, que acompaña o movemento das pernas, creando un todo coherente e xa non concibido en bloques. Deséñase con máis nitidez o chamado perfil grego, unindo a testa e o nariz nunha liña case rectilínea. A adopción dun modelo de beizos onde o superior se proxecta lixeiramente sobre o inferior, dun novo deseño, máis voluminoso, das pálpebras, e de cara máis emotivos, levan a un progresivo abandono do sorriso arcaico, unha solución expresiva encontrada invariabelmente en toda a produción escultórica da fase anterior. En termos de materiais, o bronce comeza a ser de uso predominante para a estatuaria independente da arquitectura.[22] O período Severo foi tamén o momento en que aparece por primeira vez, instalada no Templo de Zeus en Agrigento (c. 500 a. C..500 a. C..), unha nova tipoloxía escultórica, a dos atlantes, co seu correspondente feminino nas cariátides, figuras humanas usadas coa función de columnas.[23]

En canto ao aspecto global das obras, debemos lembrar que un ollar desinformado sobre os kouroi Arcaicos, comparándoos a pezas Severas como o Apolo do Ónfalo, por exemplo, no estado en que se encontran no presente, só en mármore nu, pode suxerir unha aparente contradición co que se dixo antes sobre a maior economía formal da estatuária Severa, pois hoxe ela nos aparece máis rica e complexa que a outra. Porén, temos tamén as korai e os seus vestidos cheos de texturas, deseños e pregues, os seus peiteados complexos, cuxa función era soamente ornamental. Alén diso, os tempos Arcaicos era regra a complementación do efecto plástico da obra volumétrica coa pintura da súa superficie. A investigación recente demostrou que o gusto dos gregos arcaicos era plasticamente exuberante, cubrindo as partes onde se representaban tecidos e metais (calzas, mantos, armaduras) con padróns extravagantes e cores vivas, alén do efecto decorativo adicional de aderezos varios como armas, coroas, colares e outras xoias, algunhas das cales podían ser extremadamente luxosas. Toda esa decoración accesoria na súa época desempeñaba un papel determinante no impacto visual final da obra, até maior do que o desempeñado polos puros volumes escultóricos. En suma, a énfase do aspecto decorativo na pasaxe da escultura arcaica para a severa sinalizou en certo modo un decremento, pero a evolución da arte do entalle na pedra e da descrición da anatomía corpórea foi na dirección dun enriquecemento técnico e formal.[24]

Escultores notábeis

editar

Coñécense apenas un puñado de nomes de escultores activos no período Severo. Entre os mais notábeis están:

  • Axeladas, celebrado pola tradición como un dos máis importantes e activos escultores da Escola de Argos, aínda que haxa moitas dúbidas en torno á súa vida, e pode haber dous artistas con este nome. Traballou na pasaxe do período Arcaico para o Severo. Foi posibelmente o mestre doutros tres destacados artistas: Miron, Fidias e Policleto. Das súas obras ningunha sobreviviu até os nosos días, mais algúns atribúen a el os famosos Bronces de Riace.[25]
  • Onatas, membro da Escola de Exina, tivo diversos traballos citados por Pausanias, que foi a fonte da identificación das esculturas do frontón leste do Templo de Afaia, sendo moi posiblemente súas un importantísimo grupo de pezas de transición entre o estilo Arcaico e o Severo.[26]
  • Crítio, posíbel discípulo de Antenor, foi un dos primeiros mestres da escola Severa. A el se atribuíu o célebre Efebo de Crítio do Museo da Acrópole de Atenas. Xunto con Nesiotes, creou a segunda versión do grupo dos Tiranicidas, que fora roubado polos persas, e que se preservou en copias romanas.[27] Existen diversas bases de escultura coa súa sinatura, mais as obras respectivas perdéronse.
  • Mestre de Olimpia, un escultor anónimo que, xunto cos seus asistentes, foi autor do máis importante grupo escultórico do período Severo, instalado nos frontóns do Templo de Zeus en Olimpia.[28]
  • Cálamis, cuxa vida está envolta en misterio, inscricións sinálano como autor do deseño das métopas do Partenon, é o probábel autor do Apolo do Ónfalo, e algúns din ser del o Deus do Cabo Artemísio.
  • Miron, famoso escultor da pasaxe do estilo Severo para o Clasicismo. Varias das súas obras sobreviven en copias romanas, mais basta mencionar o Discóbolo, unha das pezas individuais máis coñecidas de toda a herdanza grega, e que mesmo puido penetrar na cultura popular.[29]
  • Fídias, talvez o máis aclamado escultor grego, cuxa principal parte da súa carreira transcorreu no Clasicismo, na súa mocidade elaborou obras aínda baixo influencia Severa. Todas se perderon, mais unha delas, a Atenea Lemnia, puido ser reconstruída, hipoteticamente, por Adolf Furtwängler en 1891 a partir dun torso bastante completo e unha cabeza avulsa, que se xulgan ser copias romanas dun orixinal en bronce do grego.[30]

Obras principais

editar

Os grupos decorativos do Templo de Afaia, en Egina

editar
 
Figura de Hércules do frontón Leste do Templo de Afaia. Gliptoteca de Múnic.
 
Critio: Efebo, c. 480 a. C., Museo da Acrópole de Atenas

Hoxe preservados na Gliptoteca de Múnic, a partir de onde exerceron un impacto significativo para determinar o carácter do Neoclasicismo alemán no século XIX. Subsisten dous grupos de estatuas, e orixinalmente presentábanse nos frontóns do templo. O frontón Oeste é máis antigo (c. 500-505 a.C.), e ten un estilo arcaico xa suavizado, como se entende na modelaxe desenvolta e na anatomía máis exacta e flexíbel; mais o Leste (c. 485-480 a. C.), atribuído a Onatas, xa é de transición. Aí­nda arcaizante nas cabezas, coa súa face sorrinte, mais xa se esbozan expresións distintas, e é claramente Severo nos corpos, bastante detallados e dinámicos.[1] Unha comparación co kouros de Anavissos arcaico, de c. 530 a. C..530 a. C., ilustrado antes, amosa os avances estilísticos. Ámbolos dous grupos céntranse na figura de Atenea, ladeada de guerreiros. As esculturas aí­nda conservan moitos trazos de pigmento, reveladores dun intricado esquema decorativo, sendo unha das máis importantes referencias para o estudo da pintura de superficie da escultura da Grecia antiga. Outra característica singular é que algunhas pezas son acabadas en todos os ángulos, mesmo naqueles que deberían ficar invisíbeis ao espectador, contrariando unha práctica de acabamento frontal máis refinado que perduraría até a fin do Clasicismo. A organización dos fragmentos aínda é materia de acendido debate, e a súa disposición no museo é conxetural.[20][31][32]

O Efebo de Critio

editar

Creado presuntamente por Critio ou o seu círculo, datado de c. 480 a. C., o torso foi encontrado na Acrópole de Atenas en 1865, e a cabeza veu á luz soamente vinte e tres anos máis tarde. É unha das primeiras estatuas a mostrar unha suxestión do contrapposto -un movemento nas ancas que xorde cando a figura se apoia nunha das pernas mentres a outra se atopa en repouso- o que representa unha conquista importante en relación á rixidez da tipoloxía escultórica arcaica, e fala no novo entendemento dos artistas respecto ao corpo e do seu funcionamento como un sistema unificado. As súas proporcións son precursoras do canon que Policleto perfeccionaría ao final do século.[33][34]

Grupo dos Tiranicidas

editar

O grupo orixinal foi creado en bronce por Antenor en 514 a. C., sendo moi apreciado, pero foi capturado polos persas durante o saqueo de Atenas e instalado en Susa. Os atenienses entón encomendaron unha copia en mármore realizada por Critio e Nesiotes no 477-476 a. C., máis tarde perdida, sobrevivindo en copias romanas. O grupo conmemora o establecemento da democracia en Atenas despois da tiranía de Pisístrato, e representa os heroes Harmodio e Aristóxiton.[35]

O Auriga de Delfos

editar

Unha das raras estatuas en bronce que se conservaron até os nosos días. Considerada unha das máis preciosas realizacións da escultura grega, foi encontrada en 1861 no santuario de Apolo en Delfos. Foi fundida en 474 a. C. para conmemorar a vitoria dun equipo de aurigas nos Xogos Píticos. O Auriga e os escasos fragmentos dos cabalos son o que quedou do que debe ser un enorme grupo escultórico, a incluí­r o coche, catro ou seis cabalos e dous cabalarizos. Unha inscrición na súa base di ser encomendada polo tirano de Gela e adicada a Apolo. A estatua aínda posúe os ollos de vidro e apliques de cobre para colorir os beizos.

O conxunto decorativo do Templo de Zeus en Olimpia

editar

Instalado orixinalmente no templo máis importante da Grecia e a maior realización arquitectónica do período Severo, o Templo de Zeus do Santuario Panhelénico de Olimpia, o grupo foi esculpido entre 470 e 457 a. C. por un artista descoñecido chamado Mestre de Olimpia e os seus auxiliares, e preserva significativa proporción. Aquí son encontradas por primeira vez na arte grega características que serían retomadas soamente na fase helenística moito máis tardía, como o extraordinario dinamismo nas escenas e expresións emocionais intensas. Este conxunto é considerado a obra-prima da estatuaria do período Severo.[36]

 
O Deus do Cabo Artemisio, Museo Arqueolóxico Nacional de Atenas

O Deus do Cabo Artemisio

editar

Escultura en bronce de c. 460 a. C. recuperada do fondo do mar no cabo Artemisio en 1926. Conforme o autor é tido como un retrato de Zeus ou de Poseidón. A súa identificación é complicada pola desaparición do atributo que estaría portando na man dereita, aínda que a maior parte dos estudosos se incline para consideralo unha representación de Zeus a lanzar os seus raios, consistente en imaxes do deus en actitude similar encontradas en moedas, pinturas de vasos e figuriñas onde o raio está representado. Tamén a súa orixe é escura, sendo atribuída ben a Cálamis, ben a Onatas, ben a un mestre descoñecido. É unha obra extraordinariamente ben conseguida, con expresión de forza contida a piques de ser liberada. Tamén se tornou unha icona da cultura grega contemporánea, sendo reproducida en selos.[37]

Apolo do Ónfalo

editar

O Apolo Choiseul-Gouffier, o Apolo do Ônfalo de Atenas, e o Apolo Capitolino, todos copias romanas de gran calidade dun mesmo bronce de c. 470-450 a. C., perdido, representando o Apolo do Ónfalo, atribuidor a Cálamis, ou talvez Onatas. O orixinal foi máis tarde identificado como Apolo Alexícaco, o que afasta o mal, e foi dedicado ao deus en agradecemento dos atenienses pola protección contra a peste de 430-427 a. C.[38]

Os Bronces de Riace

editar
 
Os Bronces de Riace, orixinal grego. Museo Nacional da Magna Grecia

Un par de guerreiros fundidos en torno a 450 a. C., un mozo e un home maduro, encontrados por Stefano Mariottini no fondo do mar en Riace, Calabria en 1972. As estatuas preservan os ollos de vidro e óso, dentes de prata e beizos e mamilos en cobre. Os seus trazos de avanzado naturalismo indican seren obras transicionais para o Clasicismo, mais diversas incongruencias anatómicas traizoan a influencia Severa.[1] Orixinalmente deberían portar escudos e lanzas e a súa orixe é descoñecida, mais posibelmente son provenientes de Delfos, Olimpia ou Argos, importantes centros de produción de estatuaria en bronce nese período. Son magníficos exemplares da alta pericia que os gregos atinxiron na fundición de estatuas en grandes dimensións. É moi posíbel que se teñan destinado a un templo local, xa que relatos históricos din que Riace foi antigamente un gran santuario, talvez comparábel a Delfos e Olimpia, e as pescudas arqueolóxicas posteriores encontraron as fundacións de edificios sacros baixo o leito mariño, nesa región onde a costa está lentamente afundindo. Despois de restaurados, a súa exibición en Florencia e Roma en 1981 constituíu o evento museolóxico e arqueolóxico do ano, sendo divulgados nas capas de moitas revistas especializadas internacionais e en selos italianos.[39][40]

Discóbolo

editar

Obra celebérrima de Miron, o Discóbolo (c. 460-450 a. C.) foi altamente apreciado desde súa creación. Orixinalmente en bronce, só é coñecido a través de copias romanas. É incluído na fase tardía do período Severo ou como un dos primeiros exemplos do Clasicismo, e de facto pertence a ambos, polo seu enxugamento formal típico da fase Severa e polo seu avanzado naturalismo, que logo adiante se tornaría coma a característica Clásica por excelencia. A súa postura é un feliz exemplo da captura do ritmo, da harmoní­a e do equilibrio, a pesar de ser algo incorrecta en termos da dinámica deportiva. A primeira copia coñecida en tempos modernos foi descuberta en 1781 no outeiro do Esquilino, en Roma, e fíxose inmediatamente famosa. Outras copias e fragmentos apareceron posteriormente. Nunha delas moi coñecida, hoxe no Museo Británico, a cabeza foi restaurada inadecuadamente voltada para a fronte. Porén, unha reprodución romana en bronce do século II mostra a cabeza cara a atrás, ollando a man que suxeita o disco, unha actitude máis natural para o movemento e que debe ser a forma da composición primitiva, concordando cunha descrición feita por Luciano de Samósata no seu Philopseudes. Unha copia fragmentaria, constando só o torso, foi completada como o Guerreiro ferido, hoxe nos Museos Capitolinos.[41]

Métopas do Partenón

editar
 
Unha das métopas sur do Partenon, c. 446-440 a. C.. Museo Británico

Grande e importante grupo de 92 altorrelevos, orixinalmente instalados nas métopas do Partenon, en Atenas. As inscricións no templo dátanas c. 446-440 a. C. e a convención xeral é atribuílas a Fidias. A pesar de seren xeralmente consideradas obras Clásicas, de facto o seu estilo é moi variado, revelando a intervención de varios mestres escultores na execución, algunhas cunha tendencia máis conservadora, que lembran o Estilo Severo, e outras máis progresistas. As que estaban debaixo do frontón principal, ao Leste, representan a Xigantomaquia, as do Oeste a Amazonomaquia, as do sur a Centauromaquia e as do norte, en peor estado de conservación, parecen configurar o saqueo de Troia. Varias delas aínda están no edificio orixinal, pero moitas foron levadas para a Inglaterra por Lord Elgin como parte dos Mármores de Elgin, e outras acabaron depositadas no Museo do Louvre.[42]

Irradiación e influencia

editar

A influencia do estilo Severo propagouse á Etruria, onde tivo un impacto relativamente pequeno, mais en Licia e en Fenicia foi significativo. Nas colonias da Magna Grecia, cuxo contacto coa metrópole viuse moi dificultado durante a Guerra do Peloponeso, as obras Clásicas son sorprendentemente escasas e o estilo Severo foi máis duradeiro.[43] As xeracións seguintes de escultores gregos admiraron a pureza e austeridade do estilo Severo, aínda que non a imitasen. Porén, durante o Helenismo e as súas tendencias historicistas, aquel modelo recuperou prestixio e algúns trazos del foron novamente empregados nunha síntese ecléctica con novas tendencias. En tempos modernos as obras do período Severo eran pouco coñecidas e o estilo nin sequera era identificado até o descubrimento da estatuaria do Templo de Zeus en Olimpia, na década de 1870, que causou unha gran sorpresa nos círculos eruditos polo seu aspecto que se xulgou "rústico", nunha comparación depreciativa, hoxe tida como indebida, coa produción Clasicista. Actualmente o estilo Severo é considerado unha entidade estética autónoma, algunhas das súas obras-primas xa gozan de fama mundial e son expostas nos museos en pé de igualdade coas grandes creacións do Clasicismo grego.[20]

Na liña evolutiva da escultura grega, o estilo Severo representa unha fase de extraordinaria importancia, abrindo espazos para o estudo do corpo a partir da Natureza e non só perpetuando un modelo estático idealista e abstrato epitomizado polo kouros, que dominou o período anterior. Os escultores Severos tamén foron os responsábeis da formulación nun curto espazo de tempo dun canon de proporcións que sería a base sobre a cal Policleto, o "pai do Clasicismo", construíu o seu propio canon, e dun novo e vasto repertorio formal e técnico que no Clasicismo sería explotado e variado exaustamente, e nese sentido o estilo Severo é a base e parte importante da propia esencia da arte Clásica, unha arte que vén inspirando artistas desde a súa aparición até os días de hoxe.[44]

Outras obras

editar
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Western Sculpture: Ancient Greek - The Classical period - Early Classical (c. 500–450 bc). Encyclopaedia Britannica On line
  2. Un resumo da polémica atópase en THOMAS, R. Athletenstatuetten der Spätarchaik und des Strengen Stils. Roma, 1981
  3. Ridgway (1995), pp. 35 e ss..
  4. The early Archaic period. "Early Archaic Greek civilization". Society and values: Bacchiadae and Eupatridae, Encyclopaedia Britannica on line
  5. The later Archaic periods: The rise of the tyrants. Encyclopaedia Britannica on line
  6. Archaic Style (c.600-500 BCE): Greek Statues Archaic Era (c.600-500 BCE). Encyclopedia of Irish and World Art
  7. PEDERSEN, P. The Classical Heritage in Nordic Art and Architecture. Acta Hyperborea: Danish Studies in Classical Archaeology, 1990. p. 269
  8. POLLITT, Jerome Jordan. Art and Experience in Classical Greece. Cambridge University Press, 1972-1999. pp. 23-24
  9. STEWART, Andrew. The Persian and Carthaginian Invasions of 480 B.C.E. and the Beginning of the Classical Style. American Journal of Archaeology, Volume 112, nº 4, pp. 581-615
  10. Meyer & Lendon (2005), pp. 257-258.
  11. Ridgway (1995), p. 41.
  12. Meyer & Lendon (2005), pp. 257-259.
  13. HAUSER, Arnold. História Social da Literatura e da Arte. São Paulo: Mestre Jou, 1972. Vol I, pp. 115 ss.
  14. JAEGER, Werner. Paideia, the Ideals of Greek Culture. Oxford University Press, 1939. pp. xxvii; 35
  15. 15,0 15,1 SPIVEY, Nigel. Bionic Statues. In POWELL, Anton (ed.) The Greek World. Routledge, 1995. pp. 447-455
  16. NEER, Richard. Framing the Gift: The Siphnian Treasury at Delphi and the Politics of Public Art. In DOUGHERTY, Carol & KURKE, Leslie (eds.). The Cultures Within Ancient Greek Culture: Contact, Conflict, Collaboration. Cambridge University Press, 2003. pp. 129-149
  17. MARCONI, Clemente. Temple Decoration and Cultural Identity in the Archaic Greek World. Cambridge University Press, 2007. pp. 17 ss
  18. HURWIT, Jeffrey. The Doryphoros: Looking Backward. In MOON, Warren (ed.) Polykleitos, the Doryphoros, and Tradition. p. 13
  19. POLLITT, pp. 15-18
  20. 20,0 20,1 20,2 Greek Sculpture: Early Classical Period. Encyclopedia of Irish and World Art
  21. Ridgway (1970), pp. 8-11.
  22. Ridgway (1970).
  23. Atlas (architecture). Encyclopaedia Britannica on line
  24. McQUAID, Cate. Sculpture show of a different color. Matéria sobre a exposição Bunte Götter. The Boston Globe. 06/01/2008.
  25. Mason, Charles Peter. "Ageladas". In: Smith, William (ed.). Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology, vol. 1. Boston, 1867, p. 67
  26. Chisholm, Hugh, (ed.). "Onatas". In: Encyclopædia Britannica, vol. 20. Cambridge University Press, 1911, p. 105
  27. Rager, Karin Maria. Transcendent Values: Greek Humanism and Its Legacy in the 21st Century. University of Colorado at Denver, 2007, p. 26-33
  28. Olympia Master. Encyclopædia Britannica Online
  29. Myron. Encyclopædia Britannica Online
  30. Harrison, Evelyn B. "Pheidias". In: Palagia, Olga & Pollitt, J. J. (eds). Personal Styles in Greek Sculpture. Cambridge University Press, 1996, pp. 16-65
  31. The Sanctuary of Aphaia on Aegina. Greek Ministry of Culture, Archaeological Receipts Fund. Athens, 1998.
  32. Ridgway (1970), p. 14.
  33. HURWIT, Jeffrey M. The Kritios Boy: Discovery, Reconstruction, and Date. In American Journal of Archaeology nº 93, 1989. pp. 41-80
  34. Richter (1996), p. 95.
  35. Harmodius and Aristogeiton. Livius.org, 2005
  36. VIKATOU, Olympia. Temple of Zeus at Olympia. Hellenic Ministry of Culture
  37. MATTUSCH, Carol C. Greek Bronze Statuary: From the Beginnings Through the Fifth Century B.C.. Ithaca: Cornell University Press, 1988. pp. 150-53
  38. Apollo dell'Omphalos. Musei Capitolini: Guida. Milão: Comune di Roma; Mondadori, 2005. p. 55
  39. "SPIVEY, Nigel. The beauty myth. The New Statesman, 02 May 2005". Arquivado dende o orixinal o 21 de agosto de 2009. Consultado o 2009-03-08. 
  40. PEDLEY, John Grffiths. Greek Art and Archeology. Pearson-Prentice Hall, 2007. pp. 234-237
  41. WÜNSCHE, Raimund. 'Glyptothek, Munich: Masterpieces of Greek and Roman Sculpture. C.H.Beck, 2007. p. 219
  42. CRANE, Gregory (ed.). Parthenon Metopes (Sculpture). Perseus Digital Library, Tufts University.
  43. Ridgway (1995), pp. 36-37
  44. MÉTRAUX, Guy. Sculptors and Physicians in Fifth-century Greece. McGill-Queen's University Press, 1995, pp. vi-viii

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar