Abrir o menú principal

Esther Vivas, nada en Sabadell en 1975, é unha activista catalá autora de diversos libros e publicacións sobre movementos sociais e consumo responsable. Tamén foi a cabeza de lista de Izquierda Anticapitalista nas eleccións europeas de 2009.

Esther Vivas
Esther Vivas en la presentació del Procés Constituent a Barcelona, octubre 2013.jpg
Nome completoEsther Vivas i Esteve
Nacemento18 de decembro de 1975
 Sabadell
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritora e política
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Participou activamente no movemento antiglobalización e contra a guerra en Barcelona, así como en distintas edicións do Foro Social Mundial, o Foro Social Europeo e mais o Foro Social Catalán. Actualmente traballa en temas de soberanía alimentaria e comercio xusto. Forma parte de Esquerda Anticapitalista e de Revolta Global-Esquerra Anticapitalista en Cataluña. Foi a cabeza de lista de Esquerda Anticapitalista nas eleccións ao Parlamento Europeo de 2009.

É membro da redacción da revista Viento Sur e colabora habitualmente en medios de comunicación convencionais (Público) e alternativos.

Forma parte do Centro de Estudos sobre Movementos Sociais (CEMS) na Universidade Pompeu Fabra, colabora co Instituto de Goberno e Políticas Públicas (IGOP) na Universidade Autónoma de Barcelona. Traballa na Rede de Consumo Solidario.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar