Esther Kamatari

escritora, modelo e princesa exiliada de Burundi

Esther Kamatari, nada en Bujumbura[1] o 30 de novembro de 1951,[2] é unha escritora, modelo e princesa exiliada de Burundi.[3]

Infotaula de personaEsther Kamatari

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento30 de novembro de 1951 Editar o valor em Wikidata (72 anos)
Gitega Editar o valor em Wikidata
Municipal councillor (en) Traducir Boulogne-Billancourt
2008 – Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeBurundi Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora , modelo , política Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua kirundi Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloPrincesa Editar o valor em Wikidata
PaiIgnace Kamatari (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsPrince Godefroid Kamatari (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Traxectoria editar

Esther Kamatari medrou en Burundi como membro da familia real. Educouse no Ecole Nationale d'Administration du Burundi. Logo da independencia en 1962, o rei foi derrocado cun golpe de estado militar e a monarquía foi abolida en 1966. Kamatari abandonou o país en 1970 despois do asasinato do seu pai e estabeleceuse en París, onde se converteu en modelo. Un intento de restabelecer a monarquía rematou co asasinato de Ntare V en 1972.

A historia de Burundi logo da independencia estivo dominada polas tensións entre a maioría hutu e a minoría tutsi. A guerra civil da década de 1990, os conflitos cos países veciños e a difícil situación de milleiros de nenos vítimas de guerra levouna a involucrarse coa "Association of the People of Burundi" en Francia. En Burundi, é coñecida pola súa labor humanitaria.

Unha paz mediada por Suráfrica fixo posibles as eleccións en Burundi, e Esther Kamatari e o seu partido Abahuza, que quere dicir "unir a xente", concorreron pola restauración da monarquía.

Vida persoal editar

Esther casou cun francés chamado Gilles, doutor de profesión. Tiveron dous fillos, Jade e Arthur. Esther tiña unha filla, Frédérique, e un fillo, Wilson Lixon, dunha relación anterior.

Notas editar

  1. Soszynski, Henry. "BURUNDI". members.iinet.net.au. Arquivado dende o orixinal o 28 de xullo de 2018. Consultado o 23 de maio de 2018. 
  2. Esther Kamatari et Marie Renault, Princesse des Rugo. Mon histoire, Bayard, París, 2001, p. 16.
  3. "HRH Princess Esther Kamatari of Burundi - Royalbridges.org". royalbridges.org (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 24 de maio de 2018. Consultado o 23 de maio de 2018.