Estevo I Báthory

rei de Polonia e Gran Duque de Lituania

Estevo I Báthory de Somlya (en húngaro: Báthory István) nado en Szilágysomlyó, Transilvania, Reino de Hungría en 1533 e finado en Hrodna, Mancomunidade de Polonia-Lituania en 1586, foi un conde, príncipe de Transilvania (1571-1576) e rei de Polonia (1576-1586).

Infotaula de personaEstevo I Báthory

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(hu) Báthory István Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento27 de setembro de 1533 Editar o valor em Wikidata
Șimleu Silvaniei, Romanía (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte12 de decembro de 1586 Editar o valor em Wikidata (53 anos)
Hrodna Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Insuficiência renal crónica (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaRoyal Tombs of the Wawel Cathedral (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Rei de Polonia
1 de maio de 1576 (Gregoriano) – 12 de decembro de 1586
← Anna Jagiellon (pt) TraducirSexismundo III de Polonia → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeRepública das Dúas Nacións
Principado de Transilvania Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Padua Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloGrand Duke of Lithuania (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
FamiliaBáthory (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
CónxuxeAnna Jagiellon (pt) Traducir (1576, 1576 (Gregoriano)–1586) Editar o valor em Wikidata
Fillossen valor Editar o valor em Wikidata
PaisStephen VIII Báthory (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Catherine Telegdi (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsAnna Báthory (en) Traducir, Christopher Báthory (pt) Traducir e Andrew Báthory (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Báthory-64 Find a Grave: 20604329 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Até ser elixido príncipe de Transilvania editar

 
Estevo Báthory segundo Marcin Kober.

Estevo Báthory naceu o 27 de setembro de 1533 en Somlyó como fillo de Estevo Báthory de Somlya (1477-1535) e Catarina Telegdy de Kincstartó (1492-1547). A súa familia era unha das máis poderosas de Transilvania, e á parte da propiedade de Somlyó, tamén gobernaban en Szatmár e Szinér. O seu pai foi voivoda de Transilvania entre 1530 e 1534.

O seu pai faleceu o 17 de marzo de 1534, varios meses despois do seu nacemento, polo cal o arcebispo de Esztergom, Paulo Várdai, ocupouse da súa educación, e logo na década de 1540, Báthory foi á corte de Fernando I de Habsburgo Báthory recibiu unha profunda educación humanista, aínda que nunca estudou na universidade de Padua, a máis recoñecida na súa época. A esa universidade asistía o seu sobriño, o pai do futuro príncipe transilvano Gabriel Báthory. Ó producirse a Reforma, Báthory aferrouse á súa fe católica, volvéndose un dos seus máis grandes defensores, como o eran tamén os Habsburgo. Regresou a Transilvania, a cal se achaba nese momento aínda baixo o control dos Habsburgo, quen herdaran a coroa húngara. Aí Báthory converteuse en vasalo da raíña Sabela de Hungría e o seu pequeno fillo Xoán Sexismundo Zápolya: en nome dos altos poderes húngaros, saudou e escoltou á raíña até a súa residencia en Kolozsvár. En 1559 obtivo o posto militar máis alto de Transilvania, capitán xeneral da cidade de Várad.

O capitán xeneral de Sabela, Melchor Balassa, cambiou de bando político en 1561, aliándose co rei húngaro Fernando I de Habsburgo, o que xerou novos enfrontamentos entre os pretendentes á coroa húngara de ambos os bandos (Zápolya e Habsburgo). En 1562, Báthory sufriu unha derrota na batalla librada xunto a Hadad (hoxe Hodod en Romanía) contra as forzas de Balassa. En 1563, Báthory foi como embaixador ante o rei Fernando I (aínda que en balde), para que pedise a man dunha das súas fillas para Xoán Sexismundo Zápolya. En 1564, aproveitándose do erro cometido por Balassa, Báthory ocupou os territorios familiares de Szatmár, Nagybánya, os cales lograron outras vitorias que favoreceron o bando de Xoán Sexismundo. O novo rei húngaro, e tamén emperador xermánico Maximiliano II de Habsburgo, chamou a Lazar de Schwend en 1565 para enviarlle á cabeza dun exército imperial contra Transilvania. Perante os éxitos obtidos por Schwend e Balassa, Xoán Sexismundo confioulle a Báthory a dirección das negociacións de paz. Porén, o monarca transilvano non cumpriu o tratado temporal asinado en Szatmár, pois os turcos otománs aliados con este decidiran atacar. Como consecuencia disto, Báthory foi arrestado en Viena por dous anos e medio ó estar a actuar como embaixador ante Maximiliano. Na súa ausencia, Xoán Sexismundo caeu baixo a influencia de Gaspar Bekes, e cando Báthory regresou a Transilvania foi excluído da corte. En 1570, Bekes negociou o acordo de Expira, onde se estabelecía unha nova relación de poder entre Maximiliano e Xoán Sexismundo Zápolya. O húngaro, por unha banda, renunciaba ás súas pretensións sobre a coroa húngara a prol do monarca xermánico, e por outra banda, o Habsburgo recoñecíao como príncipe de Transilvania, separándose esta do Reino de Hungría. Desta maneira, o reino húngaro dividiuse en tres partes, unha occidental baixo o control dos Habsburgo, unha central baixo poder otomán e unha oriental na forma do Principado de Transilvania controlado pola nobreza húngara.

Príncipe de Transilvania editar

 
Armadura de Estevo Báthory. Debuxo feito por Jan Matejko (1838-1893).

Logo da morte do príncipe transilvano Xoán Sexismundo Zápolya, segundo o acordo de Expira, Transilvania debía pasar a mans de Maximiliano II de Habsburgo (neste caso Gaspar Bekes queda como o voivoda), pero contrapóndose a isto, o sultán Selim II declarou a ahidnâme, un documento onde nomeaba ó novo príncipe transilvano. Os nobres de Transilvania reuníronse ante devandita situación crítica, e na asemblea de Gyulafehérvár o 25 de maio de 1571 elixiron príncipe ó húngaro máis poderoso: Estevo Báthory. Despois publicouse a athame (onde tamén aparecía o nome de Báthory…). Ó mesmo tempo, tanto o príncipe como o voivoda de Transilvania xuraron en segredo lealdade a Maximiliano II. Ós turcos só lles interesaba que a parte do Reino de Hungría e Transilvania non caesen en mans dunha mesma persoa, polo cal Báthory resultou ser o mellor candidato, xa que Bekes era partidario dos Habsburgo. Por iso contribuíron a que en 1572 Báthory puidese herdar o seu posto. Maximiliano tería ocupado de boa gana Transilvania, pero ós tres anos de acordar a paz de Drinápolis, non se quixo arriscar a enfrontarse de novo ós turcos nunha guerra aberta. Así pois, mostrou unha actitude favorable cara a Báthory, coma se realmente se alegrase de que logo dun unitario (Zápolya), un nobre húngaro católico fose o príncipe de Transilvania.

Porén, a boa relación non durou moito: Maximiliano comezou a artellar accións contra Báthory xunto a Bekes en 1573. O príncipe de Transilvania logrou vencer ós seus adversarios, e Bekes viuse forzado a fuxir á Hungría dos Habsburgo, mentres a súa fortaleza de Fogaras caía en mans de Báthory. Pero Bekes reuniu un exército húngaro dos territorios reais do reino e en Transilvania comezou a instigar a que se alzasen os sículos e saxóns. Maximiliano desexaba apoderarse do trono polaco que recentemente quedara vacante, pero non contaba con que Báthory tamén quedara como un dos posibles candidatos para ocupalo. O rei húngaro e emperador xermánico enviou a Bekes a executar a acción en Transilvania. Báthory venceu finalmente ós seus adversarios na batalla de Kerelőszentpál o 8 de xullo de 1575. Na guerra contra Bekes xurdiu tamén o nobre Moisés Székely, quen loitou tan valentemente nas batallas de Radnót e Kerelőszentpál, que o príncipe transilvano nomeouno comandante da súa garda persoal. Báthory fixo aforcar no campo de batalla a cinco nobres, e un mes despois, coa aprobación da asemblea transilvana, executou a corenta e tres partidarios de Bekes (entre os cales había sete nobres máis). Na batalla foi feito prisioneiro o poeta Bálint Balassi, a quen o príncipe mantivo na súa corte até 1577. Esa vitoria fortaleceu o poder de Báthory, polo cal o sultán Murad III aumentou o tributo de Transilvania ó Imperio Otomán de dez a quince mil floríns, e cunha Transilvania estable, tamén melloraron as posibilidades de acceder ó trono polaco.

En canto á súa política interna, Báthory esforzouse por fortalecer o poder do príncipe: revisa os outorgamentos anteriores das propiedades principais, toma en conta os ingresos estatais, desenvolve o comercio e a minaría. Non perturba a paz relixiosa que existía en Transilvania nese momento (ó mesmo tempo prohibiu as novas reformas), aínda que o seu obxectivo era fortalecer o catolicismo no Principado de maioría protestante. En 1579 estableceu ós xesuítas, e como reformador relixioso, ordenou o peche do bispo unitario Ferenc Dávid na prisión de Déva. En 1581 fundou unha universidade xesuíta en Kolozsvár, precursora da actual Universidade de Dereito de Szeged. Rodeouse de personalidades intelectuais que estudaran na universidade de Padua, comezando así o ascenso de familias húngaras, como os Wesselényi e os Bethlen. O propio príncipe foi un excelente escritor político, e as súas cartas son estimadas por estudosos como de estilo prodixioso. Báthory puido ter unha alma sensible, pois tocaba o instrumento coñecido como Virginal, un devanceiro do piano, e tíñao na súa propia habitación. Baixo o seu goberno, o Principado de Transilvania viviu a súa primeira época dourada.

Rei de Polonia editar

 
O rei Estevo I (Báthory) de Polonia ante a cidade asediada de Pskov durante a Guerra Livona.

Ó extinguirse a Casa dos Jagiellon en Polonia (1572), converteuse nun reino onde se elixía libremente ó monarca. En 1573 Henrique de Valois, o irmán máis novo do rei de Francia, foi elixido rei polaco, co cal asinaron os nobres o acordo coñecido como Articuli Henricanit, co que se debilitaba o poder do monarca a favor da aristocracia. O novo rei, con todo, á morte do seu irmán máis vello abandonou Polonia para ocupar o trono francés. Volveu estalar a guerra polo trono polaco.

O candidato máis probable era Maximiliano II de Habsburgo, rei de Hungría e emperador xermánico, mais tamén Iván IV de Rusia (o Terrible) manifestou as súas pretensións, mentres que os turcos propuxeron a Estevo Báthory para que fose tomado en conta para a sucesión. O tsar ruso cedeu a favor de Maximiliano II a cambio de certos beneficios territoriais. O papa apoiaba a Maximiliano II, así que a tensa situación levaba a temer o peor ós polacos e lituanos que estaban nun mesmo Estado dende a unión de Lublin en 1569. Parecía coma se os alemáns e os rusos fosen a desmembrar o reino entre eles, mentres tiñan que conter os ataques dos turcos dende o sur. Aínda que os altos nobres polacos votaron xunto co alto clero por Maximiliano, a nobreza media elixiu a Estevo Báthory o 12 de decembro de 1575. Finalmente a rapidez resultou decisiva: Báthory apresurouse a tomar como esposa a Ana Jagiellon, a irmá de Sexismundo II Augusto de Polonia, o derradeiro rei polaco da Casa de Jagiellon. O apresurado Báthory chegou a Cracovia e foi coroado o 1 de maio de 1576 na catedral de Wawel. Afortunadamente para Báthory, ese mesmo ano morreu Maximiliano, así que a cidade polaca de Gdańsk era a única que tiña que recoñecer como o seu soberano ó nobre húngaro.[1]

Non renunciou ó trono de Transilvania. Primeiro o seu irmán máis vello Cristovo Báthory actuou como rexente, e tras a súa morte en 1581, o seu fillo Sexismundo Báthory converteuse no seguinte voivoda rexente. Pero pola súa minoría de idade foron asignados conselleiros rexentes. Porén, os asuntos máis importantes foron tratados na chancelería transilvana instalada en Cracovia. Posteriormente moitos fillos de nobres húngaros foron a Polonia a estudar á corte de Estevo I. Entre os máis destacados están André Báthory, Baltazar Báthory, Sexismundo Forgách, Xurxo Bánffy, Cristovo Bánffy, Gabriel Majláth, Nicolao Orbay, Xoán Cséffy. Así pois, a corte polaca converteuse nesta época no centro de maior relevancia cultural na Europa Central.

En 1585, Báthory recuperou da Hungría real dos Habsburgo os territorios de Nagybánya, e no canto dos conselleiros rexentes nomeou a un só: Xoán Ghyczy, o capitán de Várad. En Polonia esforzouse por fortalecer o poder central, puxo en orde a agricultura (con impostos de consumo), colocou a transilvanos (preto de cinco mil) no exército de mercenarios dos nobres polacos. Nomeou como comandante da cabalaría a Gaspar Bekes, quen lle pediu o perdón, e a Xoán Bornemissza. Numerosos sículos loitaron a carón do novo rei polaco, entre os cales se podían contar a Moisés Székely (quen anos despois se converteu tamén en príncipe de Transilvania). O seu chanceler, Jan Zamoyski, estudara en Padua, e converteuse no seu principal punto de apoio, a quen lle deu como esposa á súa sobriña Griseldis Báthory, filla do seu irmán Cristovo. En 1584 executou a un dos irmáns Zborowski tras decatarse de que estaban a artellar unha conspiración.

Os nobres polacos desexaban de Báthory que recuperase os territorios perdidos durante a guerra livona contra o tsar Iván IV de Rusia, mentres que estes non desexaban carrexar cos gastos de guerra eles mesmos. Así, Báthory cumpriu coas súas expectativas en gran parte asistido por guerreiros húngaros hajdú (os cales eran pastores armados): entre 1579 e 1581 venceu ós rusos en tres campañas militares. Primeiro recuperou a fortaleza de Polock, e logo asedio exitosamente Velikije Luki; finalmente mobilizou as súas tropas cara a Pskov. O tsar fíxolle espertar esperanzas ó papa de que desexaba catolizar o seu reino, e axudar a expulsar ós turcos de Europa. Por iso Báthoy coa asistencia da relixioso xesuíta Antonio Possevino, en 1582 en Jam Zapolskij asinou un armisticio cos rusos. O éxito así foi significativo, pois con ese acordo Polonia recuperou Belarús, que pertencía en gran parte a Livonia e a Lituania, e obtiña grande influencia sobre o control do mar Báltico. Trala morte do tsar en 1584, Báthory ocupouse en xerar unha estratexia para conquistar Rusia, mais os nobres polacos non estaban dispostos a asumir os gastos dunha empresa de tales proporcións.

Nunca puido realizarse o seu proxecto a longo prazo de construír unha federación de Estados (Polonia, Hungría e Transilvania) contra os turcos e os Habsburgos. O 12 de decembro de 1586, inesperadamente, morreu na cidade lituana de Grodnó. Posto que non tivo fillos homes que herdasen o seu trono, o dereito pasou directamente ó sobriño da súa esposa, o rei Sexismundo III Vasa de Suecia, aínda que xurdirían problemas na sucesión que darían lugar á guerra de Sucesión Polaca (1587-1588). Estevo Báthory foi sepultado na cripta da catedral de Wawel en Cracovia. É considerado polo polacos un dos seus reis máis importantes, a pesar de que até o final da súa vida se mantivo culturalmente identificado como húngaro. Moitos dos seguintes príncipes de transilvanos continuaron coa súa postura coa cal tentaron reunificar o reino húngaro partindo dende Transilvania contra os Habsburgo.

Estevo era tío da famosa condesa Erzsébet Báthory (irmán da súa nai Anna) da cal xurdiron numerosas lendas sanguentas.

Notas editar

  1. Floristán, Alfredo, Historia Moderna Universal, Barcelona, Ariel, 2005.