Estatero de ouro exipcio

moeda do Antigo Exipto

O estatero de ouro (lingua exipcia: nfr-nbNefer-nub–; "ouro fino") foi a primeira moeda cuñada no Antigo Exipto, arredor do ano 360 a. de C., durante o período do faraón Teos (361 ou 360 - a 359 ou 358 a. de C.), da XXX Dinastía.

Reverso dun estatero de ouro exipcio de Nectanebo II co xeroglífico nfr-nb

F35S12


HistoriaEditar

Coa introdución do estatero de ouro, para o pagamento dos salarios aos mercenarios gregos que estaban ao seu servizo, Teos puxo a primeira pedra do seu propio circulante no Antigo Exipto. Posteriormente, tamén Nectanebo II (360-342 a. de C.) emitiu estateros de ouro ao seu nome.[1][2]

Reinado de TeosEditar

Reinado de Nectanebo IIEditar

  • Estatero co peso do dárico (arredor de 8,42 gramos). Anverso cun cabalo brioso na dereita e reverso con xeroglíficos: nfr-nb.[2][4][5][6]
  • Estetero pequeno, cun peso de arredor de 2,56 gramos e un diámetro de 14 a 15 milímetros, coa probable representación dunha gacela saltando. Atribúeselle a Nectanebo II, aínda que tal atribución non está confirmada.

NotasEditar

  1. Noel Mark Noël. (2019). Páxina 6.
  2. 2,0 2,1 2,2 Wetterstrom, K. K. (2014).
  3. Muhs, B. (2016). Páxina 191.
  4. "Greek coins, Egypt, Nectenebo II, Daric or Stater". En Icollector.com
  5. Seidel, M.; Schulz, R. (1998). Páxina 370.
  6. Faucher, T.; Fischer-Bossert, W.; Dhennin, S. (2012).

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

BibliografíaEditar