Estado independente de Croacia

O Estado independente de Croacia foi un estado que existiu dende 1941 até 1945 no territorio das actuais Croacia e Bosnia e Hercegovina. O EIC foi dominado polo movemento terrorista Ustaše, partidario do nacionalsocialismo e aliado da Alemaña nazi, da que foi considerado un estado monicreque. Dirixido por Ante Pavelić, practicou políticas de exterminio cara aos xudeus, serbios e outras minorías e opositores, baseadas na intolerancia étnica e relixiosa.[1]

Bandeira do Estado independente de Croacia.

Historia

editar

O 26 de agosto de 1939 garantiuse a autonomía de Croacia (a denominada Banavina de Croacia) e cando o estado iugoslavo se afundiu en 1941 despois do ataque das forzas do eixo, proclamouse o estado independente de Croacia o 10 de abril de 1941 baixo a dirección do grupo terrorista fascista Ustaše. Os italianos exercerían o control militar da parte occidental e os alemáns da parte oriental. O 18 de maio de 1941 decidiuse que Croacia sería un reino e ofreceuse a coroa a un príncipe da dinastía savoiana, Aimón de Saboia Aosta, duque de Aosta (co nome de Tomislav II). O 10 de setembro de 1943 os alemáns ocuparon as antigas zonas italianas e a idea do reino foi descartada dous días despois. O 9 de maio de 1944 os partisanos declararon en Croacia un estado federal dentro de Iugoslavia.

Existiu formalmente até o 6 de maio de 1945 cando os partisanos entraron en Zagreb e os líderes da Ustaše fuxiron, aínda que nos derradeiros meses xa os partisanos dominaban case todo o territorio.

Relacións exteriores

editar

O Estado independente de Croacia foi plenamente recoñecido só polas Potencias do Eixo e os países baixo ocupación destas.[2] O Estado mantivo misións diplomáticas en varios países: embaixadas na Alemaña nazi, Italia, a Eslovaquia de Tiso, Hungría, Romanía, Bulgaria, Finlandia, España e o Xapón. En Zagreb había abertos consulados de Italia, Suecia, Suíza, Dinamarca, Portugal, Arxentina e da Francia de Vichy.[3]

O 1941, o EIC foi admitido na Unión Postal Universal. O 10 de agosto de 1942 asinouse un acordo en Brijuni que restabeleceu a Compañía de Ferrocarrís do Danubio-Sava-Adriático, grazas ao acordo dos croatas con Hungría, Alemaña e Italia.[4] Despois da declaración de guerra de Alemaña contra os Estados Unidos do 11 de decembro de 1941, o 14 de decembro o Estado independente de Croacia declarou a guerra aos Estados Unidos e ao Reino Unido. O Estado independente de Croacia asinou as Convencións de Xenebra o 20 de xaneiro de 1943.[5]

Lista de gobernantes

editar
Croacia e Serbia
Líder (Poglavnik)
Comandantes militares italianos (occidente, 1941-1943)
Comandantes militares alemáns (oriente, 1941-1943; todo o estado, 1943-1945)
Oficial civil alemán en Croacia
  1. Bogdanovic, Igor. Els Balcans, Editorial UOC (2005), Volume 5 de Vull saber, p.70, ISBN 84-9788-330-6.
  2. (en inglés) Tomasevich, Jozo, War and revolution in Yugoslavia, 1941-1945: occupation and collaboration. Stanford University Press, 2001, p. 269.
  3. (en croata) Vojinović, Aleksandar. NDH u Beogradu, P.I.P, Zagreb (1995), pp. 18-20.
  4. (en croata) Lajnert, Siniša. Organización dos ferrocarrís do estado de Croacia (1941-1945). Hrcak.srce.hr.
  5. (en croata) Vuletic, Dominik. Kaznenopravni i povijesni aspekti Bleiburškog zlocina Arquivado 2011-07-21 en Wayback Machine., 2007.