O estado de Lara, ás veces abreviado Edo Lara, é un dos 23 estados nos que se divide Venezuela. A capital do estado é Barquisimeto. Lara ten unha poboación estimada (2009) de 1.852.875 habitantes.

Modelo:Xeografía políticaEstado Lara

HimnoLara State Anthem (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

EpónimoJuan Jacinto Lara Mendez (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 10°04′N 69°52′O / 10.07, -69.86
EstadoVenezuela Editar o valor en Wikidata
CapitalBarquisimeto Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Xeografía
Superficie19.800 km² Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Creación1864 Editar o valor en Wikidata
Organización política
Órgano lexislativoLegislative Council of Lara (en) Traducir , Editar o valor en Wikidata
ISO 3166-2VE-K Editar o valor en Wikidata

Sitio weblara.gob.ve Editar o valor en Wikidata

Administración

editar

Organiza a súa administración e os seus poderes públicos por medio da Constitución do Estado Lara, dictada polo Consejo Legislativo.[1] O Estado está formado por nove municipalidades.

Concellos

editar
  1. Andrés Eloy Blanco (Sanare)
  2. Crespo (Duaca)
  3. Iribarren (Barquisimeto)
  4. Jiménez (Quíbor)
  5. Morán (El Tocuyo)
  6. Palavecino (Cabudare)
  7. Simón Planas (Sarare)
  8. Torres (Carora)
  9. Urdaneta (Siquisique)

Xeografía

editar

Atópase na rexión centro-occidental de Venezuela, a 800 metros sobre o nivel do mar.

 
Típica paisaxe árida e seca do Estado na zona do parque nacional Cerro Saroche.

Limita ao norte co estado de Falcón; ao sur cos estados de Portuguesa e Trujillo; ao leste co estado de Yaracuy e ao oeste co estado Zulia. As augas dos ríos do estado desembocan a través de tres vertentes: o Caribe, o Atlántico polo río Orinoco e o lago de Maracaibo.[2]

  • Ríos principais:[3][4] Amarillo, Auro, Aragua, Curarigua, Morere, Tocuyo, Turbio, Urama, Yacambú.
  • Lagoas: Laguna Amarilla, Laguna Cocoy
  • Fervenzas: Cascada del Vino no Parque Nacional de Dinira

Historia

editar

Durante tempos coloniais e en boa parte do período da independencia, o actual territorio de Lara pertenceu á provincia de Caracas. En 1824 foi absorbida pola Provincia de Carabobo, creada ese ano. En 1832 tras a desintegración da Gran Colombia, desfíxose tamén a rexión e constituíuse entón na Provincia de Barquisimeto, que comprendía os cantóns de Quíbor, El Tocuyo, Carora e Barquisimeto; ademais doutros que conforman hoxe o estado Yaracuy. En 1856, a través da nova lei de división territorial, San Felipe e Yaritagua uníronse a Nirgua para formar a Provincia de Yaracuy.

No ano 1881 acordouse a creación do Grande Estado Norte-Occidente, ao que se sumaron as zonas de Lara e Yaracuy. En agosto dese mesmo ano atribúeselle o nome de estado de Lara, en homenaxe ao xeneral patriota Jacinto Lara.[1]

Século XX en adiante

editar

En 1899, o congreso estableceu a autonomía dos 20 estados, tal e como contemplaba a constitución de 1864, división que se confirmou en 1909, mediante unha reforma constitucional, que se mantivo até hoxe. A partir dese ano, o Estado de Lara mantén a súa unidade político-territorial.[1]

  1. 1,0 1,1 1,2 "Estado Lara (Venezuela) - EcuRed". www.ecured.cu (en castelán). Consultado o 2022-05-06. 
  2. Vila, Marco Aurelio. 1966. Aspectos Geográficos del Estado Lara. Corporación Venezolana de Fomento. Caracas pp:89.
  3. Zinck, Alfred. 1986. Ríos de Venezuela. Lagoven, S.A. Caracas. 64p. ISBN 980-259-084-3
  4. Vila, Marco Aurelio. 1966. Aspectos Geográficos del Estado Lara. Corporación Venezolana de Fomento. Caracas. pp89-100.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar

 
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.