Estadio Tofiq Bahramov

Coordenadas: 40°23′50″N 49°51′09″L / 40.397333, 49.852417

O Estadio Tofiq Bahramov (en azarí: Tofiq Bəhramov adına Respublika Stadionu) é un estadio multisusos situado na cidade de Bacú, a capital de Acerbaixán. É un estadio deseñado para albergar moitos tipos de eventos diferentes, pero case só se utiliza para partidos de fútbol. Este estadio acolle os partidos como local do FK Qarabağ e anteriormente tamén da selección de fútbol de Acerbaixán, que posteriormente se mudou ao novo Estadio Nacional de Bacú. O estadio conta cunha capacidade de 31.200 espectadores.[Cómpre referencia]

Estadio Tofiq Bahrəmov
Datos
LocalizaciónAcerbaixán Bacú, Acerbaixán
Construción
Inauguración16 de setembro de 1951
Renovación2011-2012
Estadio
SuperficieHerba
Dimensións104 × 66
Capacidade31.200
PropietarioAFFA
LocalíaFK Qarabağ
Eventos
Xogos Europeos de 2015

Historia editar

O estadio foi construído no ano 1951 usando man de obra dos prisioneiros de guerra alemáns.[Cómpre referencia] Dende o ano 1993, o estadio leva o nome de Tofiq Bahramov, un árbitro azarí da época da URSS que se fixo famoso na final do Mundial de Fútbol Inglaterra 1966 no estadio de Wembley (na que foi o xuíz de liña) por conceder ao inglés Geoff Hurst o 3-2 no minuto 11 da prórroga ante Alemaña Federal.[Cómpre referencia]

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar