Estadio Príncipe Felipe
O Estadio Príncipe Felipe é un recinto deportivo para a práctica do fútbol situado na cidade de Cáceres, España, na estrada de Salamanca. Foi inaugurado o 26 de marzo de 1977.
Estadio Príncipe Felipe | ||||
---|---|---|---|---|
![]() Vista aérea do estadio | ||||
Tipo | estadio ![]() | |||
Epónimo | Filipe de Borbón e Grecia ![]() | |||
Deporte | fútbol ![]() | |||
Persoas e organizacións | ||||
Ocupante | Club Polideportivo Cacereño e CFF Cáceres (en) ![]() ![]() | |||
Propietario/a | Club Polideportivo Cacereño | |||
Datas | ||||
Fundación | 1977 ![]() | |||
Inauguración | 26 de marzo de 1977 | |||
Dimensións | ||||
Capacidade | 7.000 | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Estremadura | |||
Provincia | Provincia de Cáceres | |||
Concello | Cáceres ![]() | |||
Localización | Cáceres, Estremadura ![]() España ![]() | |||
[ Wikidata ] [ C:Commons ] |
O estadio acolle os partidos como local do Club Polideportivo Cacereño, nos que pasou pola Copa do Rei, Segunda División B e Terceira División de España.
O estadio inaugurouse cun partido entre os equipos da Selección Estremeña e o CP Cacereño. O primeiro partido ligueiro que rexistrou o novo estadio foi o 10 de abril de 1977, partido no que o Cacereño venceu por 3-1 ao Ceuta. Ata o 29 de maio de 1981 o estadio non inaugurou iluminación artificial.
Historia
editarO estadio acolleu partidos de gran nivel como un amigable entre España e Romanía en abril de 1991 onde se colocaron bancadas supletorias nos dous fondos e nos laterais da tribuna para a ocasión, tendo un cheo absoluto de 15.000 espectadores. Tamén se celebrou un partido oficial de 1ª División entre o Atlético de Madrid e o Deportivo da Coruña en xaneiro de 1992 onde houbo cheo completo de 7.000 espectadores, como tamén no partido contra o Cádiz en 2002 en Segunda B. Acolleu o partido sub-18 entre España e Alemaña en maio de 1992. Ademais foi sede de concertos de primeiro nivel como os de Dire Straits ou Sting.