Estadio Ciudad de Tudela
O Estadio Ciudad de Tudela, coñecido como Estadio Municipal José Antonio Elola ata 2012, é un estadio de fútbol da cidade de Tudela, en Navarra. Foi inaugurado en 1969 e serve de localía ao Club Deportivo Tudelano.
Estadio Ciudad de Tudela | ||||
---|---|---|---|---|
Tudela ![]() | ||||
![]() | ||||
Tipo | estadio ![]() | |||
Deporte | fútbol ![]() | |||
Persoas e organizacións | ||||
Ocupante | Club Deportivo Tudelano ![]() | |||
Propietario/a | Concello de Tudela | |||
Datas | ||||
Fundación | 1969 ![]() | |||
Inauguración | 17 de agosto de 1969 | |||
Dimensións | ||||
Capacidade | 11.000 espectadores[1] | |||
Superficie | Céspede | |||
Localización | ||||
| ||||
Situado en | Tudela ![]() | |||
Localización | Tudela, Navarra, ![]() | |||
[ Wikidata ] [ C:Commons ] |
Historia
editarFoi inaugurado o 17 de agosto de 1969.[1] Ese día, ás cinco e media da tarde polo novo estadio desfilaron todas as seccións deportivas da cidade, fíxose a bendición do estadio e falaron as diferentes autoridades presentes. Asistiron o alcalde do concello, Rafael Añón e José Antonio Elola, ex-delegado nacional de Educación Física e Deportes que deu nome ao estadio. O partido de inauguración entre o Tudelano e Osasuna acabou con empate a un.
En febreiro de 2012 o Estadio José Antonio Elola pasou a chamarse Ciudad de Tudela, por decisión do Pleno do Concello de Tudela pola aplicación da lei de Memoria Histórica.[2]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 CD Tudelano (ed.). "CD Tudelano, Instalaciones" (en castelán).[Ligazón morta]
- ↑ Fermín Astráin. "El José Antonio Elola pasará a llamarse Ciudad de Tudela". diariodenavarra.es (en castelán). Consultado o 2020-03-19.