Estación de Lorca-Sutullena

(Redirección desde «Estación de Sutullena»)

Lorca-Sutullena é unha das dúas estacións de ferrocarril do centro urbano de Lorca, na Rexión de Murcia, xunto á estación de Lorca - San Diego. Está incluída dentro da rede de estacións de Adif e parte da liña Murcia-Águilas do Ferrocarril do Almanzora. Está situada xunto á Praza de Carruajes, próxima ao centro de Lorca e xunto á Praza de Touros de Sutullena.

Estación de Lorca-Sutullena

Tipoestación de ferrocarril Editar o valor en Wikidata
Estado de usoen funcionamento Editar o valor en Wikidata
Instalaciónsaparcadoiro, baño público, servizo de taxis, cafetaría e ascensor Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
Operador/aRenfe Operadora Editar o valor en Wikidata
Propietario/aAdif Editar o valor en Wikidata
Datas
Fundación1889 Editar o valor en Wikidata
Transporte
Servizo de conexiónC-2 Line (Regional line Murcia/Alicante) (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Código de estación06006 Editar o valor en Wikidata
Estación adxacenteEstacion de Lorca-San Diego (en) Traducir e Q5846995 Traducir Editar o valor en Wikidata
Liñas ferroviarias
Número de beiras2 Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 37°40′19″N 1°41′46″O / 37.67206, -1.69622
EstadoEspaña
Comunidade autónomaRexión de Murcia
ConcelloLorca Editar o valor en Wikidata
Wikidata ] C:Commons ]

Ten parada dos trens da liña C-2 de Proximidades Murcia/Alacant e é estación termo dun tren Talgo procedente de Barcelona, xa que as vías que continúan en dirección a Águilas non están preparadas para que circule este tren. Tres dos 16 trens de proximidade que por aquí pasan procedentes de Murcia si continúan ata o final da liña en Águilas.

Historia

editar

En 1876 solicítase unha concesión do tramo entre Alcantarilla e Lorca. Non chega esta sección ata Murcia, porque nesa data está xa construído e en explotación a liña Chinchilla-Cartaxena, que pasa por Alcantarilla e Murcia, e o tramo comprendido entre estes dous puntos podía así utilizarse. A concesión outórgase, pois, só de Alcantarilla a Lorca, e co título do ferrocarril deste nome constitúese unha compañía que o constrúe. Neste momento inaugúrase a estación de Lorca-Sutullena.

A estación era entón terminal ata que se inaugurou o tramo Almendricos-Lorca en 1890 que permitiu que os trens circulasen entre Lorca e Águilas. Dous anos máis tarde, en 1892, inaugurouse un breve tramo de 171 m que permitiu a continuidade da liña desde Murcia ata Águilas, que tras en peche do Ferrocarril do Almanzora converteuse nunha liña de proximidades.

Servizos ferroviarios

editar
Tren Destino Estacións do percorrido Frecuencia
Talgo Montpellier Saint-Roch[1] Totana · Alhama de Murcia · Murcia del Carmen · Orihuela · Elx-Parc · Alacant-Terminal · Elda-Petrer · Villena · Xàtiva · València-Nord · Castelló de la Plana · Benicàssim · Benicarló-Peñíscola · Vinaròs · L'Aldea-Amposta-Tortosa · Salou · Tarragona · Barcelona · Xirona · Figueres · Portbou · Cerbère · Perpiñán · Narbona · Béziers 1 tren ao día

Proximidades

editar
Liñas que prestan servizo na estación
Destino/orixe < Estación ! Liña Estación > Orixe/destino
terminal   Lorca-San Diego Murcia del Carmen
Águilas Puerto Lumbreras
  1. En sentido contrario procede de Barcelona-Sants, xa que o procedente de Montpellier diríxese a Cartagena. [1]