Estación de Covas

estación de ferrocarril en Covas, Rubiá

Covas é unha estación de tren de Adif, situada en Covas, no concello de Rubiá, provincia de Ourense. Ten servizos de Media distancia operados por Renfe.

Estación de Covas
Rubiá Editar o valor en Wikidata

Tipoestación de ferrocarril Editar o valor en Wikidata
Estado de usoen funcionamento Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
Operador/aRenfe Operadora Editar o valor en Wikidata
Propietario/aAdif Editar o valor en Wikidata
Transporte
Servizo de conexiónRexional Exprés Editar o valor en Wikidata
Código de estación20207 Editar o valor en Wikidata
Número de beiras2 Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 42°29′N 6°50′O / 42.48, -6.83
Situado enRubiá Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

Situación ferroviaria

editar

Está situada no punto quilométrico 275,4 da liña de ancho ibérico que une León e A Coruña, a 402 metros de altitude,[1] entre as estacións de Quereño e A Barosa. O tramo é de vía única e está electrificado.

Historia

editar

A estación foi aberta ao tráfico o 4 de setembro de 1883 coa posta en marcha do tramo O Oural-Toural dos Vaos da liña que pretendía unir Palencia coa Coruña.[2] As obras correron a cargo da Compañía dos Ferrocarrís de Asturias, Galicia e León ou AGL creada para continuar cos proxectos iniciados pola Compañía do Ferrocarril do Noroeste de España e xestionar as súas liñas. En 1885, a mala situación financeira de AGL tivo como consecuencia a súa absorción por parte de Norte.[2] En 1941, a nacionalización do ferrocarril en España supuxo a desaparición desta última e a súa integración na reción creada Renfe.

Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.

Servizos ferroviarios

editar

Media Distancia

editar

Actualizado a 18 de xuño de 2016.

Liña Trens Orixe <> Destino
6 Rexional Exprés León
Ponferrada
<> Vigo-Guixar

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar