Estación de Bioloxía Mariña da Graña

institución científica dependente da Universidade de Santiago de Compsotela

A Estación de Bioloxía Mariña da Graña é unha institución científica pertencente á Universidade de Santiago de Compostela que está situada na parroquia da Graña no concello de Ferrol, e dentro da ría de Ferrol. A finalidade desta institución, dirixida por Victoriano Urgorri, é o maxisterio e a investigación da bioloxía mariña en xeral e o asesoramento e difusión en todos os temas e estudos relacionados coa fauna e flora mariñas de Galicia. Tamén serve como un instrumento para as relacións e intercambios de coñecementos científicos entre outras institucións semellantes e universidades do estado español e o resto do mundo.

Estación de Bioloxía Mariña da Graña
Tipoinstituto de investigación
EnA Graña
PaísGalicia
43°28′44″N 8°15′39″O / 43.478851357126, -8.2607500178827
Na rede
https://www.usc.gal/gl/servizos/ebmg/
editar datos en Wikidata ]

A Estación está composta de dous edificios singulares, a Casa do Hórreo e a Casa da Estrela. Estas dúas antigas construcións foron rehabilitadas con fondos europeos para adecualas á investigación. Conta cunha superficie duns 900 m² e os equipamentos seguintes:

  • 4 laboratorios.
  • Biblioteca e sala de ordenadores.
  • 8 cuartos cun total de 28 prazas.
  • Sala de mergullo.
  • Sala de lecer, comedor e cociña.
  • Aula e sala de mergullo.
  • 2 cámaras de conxelación.
  • Cámara de investigación con control de temperatura e fotoperíodo.
  • Tanque de auga de mar de 15 m³.
  • 2 barcos de 12 e 5,25 m de eslora respectivamente.

Imaxes da Estación editar