Estación da Bandeira

A Bandeira é unha estación de tren de Adif, situada na parroquia de Abades, no concello de Silleda, provincia de Pontevedra. Leva o nome do veciño núcleo urbano da Bandeira, na parroquia de Manduas. Conta con servizos de media distancia operados por Renfe.

Estación da Bandeira

Tipoestación de ferrocarril Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 42°45′N 8°18′O / 42.75, -8.3
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
Provinciaprovincia de Pontevedra
ConcelloSilleda Editar o valor en Wikidata
Datas
Inauguración8 de setembro de 1958 Editar o valor en Wikidata
Transporte
Código de estación ferroviaria31311 Editar o valor en Wikidata
Número de plataformas2 Editar o valor en Wikidata
Liña de trenliña Zamora - A Coruña Editar o valor en Wikidata
Servizo de conexiónRexional, Renfe Editar o valor en Wikidata
Media distanciaRexional
Persoas e organizacións
Propietario/aAdif Editar o valor en Wikidata
Operador/aRenfe Operadora Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

Situación ferroviaria

editar

A estación atópase no punto quilométrico 342,762 da liña férrea de ancho convencional que une Zamora coa Coruña, a 260 metros de altitude,[1] entre as estacións da Ponte Taboada e Vedra-Ribadulla. O tramo é de vía única e está sen electrificar.

Historia

editar

A estación foi inaugurada o 8 de setembro de 1958 coa posta en marcha do tramo O CarballiñoSantiago de Compostela da liña férrea que tiña como obxectivo unir Zamora coa Coruña.[2] A súa explotación inicial quedou a cargo de Renfe, que nacera en 1941.

Desde o 31 de decembro de 2004, Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é o titular das instalacións ferroviarias.

A estación

editar

O edificio de viaxeiros, construído en pedra, está formado por un corpo central de dous pisos ao que se anexan dous bloques laterais dunha altura practicamente similar. Unha galería de tres arcos adorna o segundo piso da fachada principal. Conta con dúas plataformas laterais aos que acceden dúas vías. Os cambios de plataforma realízanse a nivel.

Servizos ferroviarios

editar

Media distancia

editar

Actualizado a 20 de xuño de 2016.

Liñas Trens Orixe/Destino <> Destino/Orixe
2 MD Santiago de Compostela <> Ourense-San Francisco
  1. Bandeira Euroferroviarios
  2. "Ourense a Santiago de Compostela". Spanish Railway (en castelán). Consultado o 2022-09-03. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar