Estación de Málaga-María Zambrano

(Redirección desde «Estación María Zambrano»)


Málaga-María Zambrano é a estación central de ferrocarril de Málaga, incluída dentro da rede de estacións de Adif. Está situada sobre unha estación pasante de trens da rede de Proximidades Málaga denominada Málaga-Renfe, actualmente pechada por obras. Actualmente realízanse obras para crear un enlace co futuro intercambiador de Renfe e así facilitar a mobilidade entre esta, a estación de autobuses e a estación do Metro de Málaga. A estación leva o nome de María Zambrano dende 2007, xa que antes chamábase Málaga-Término.

Málaga-María Zambrano
Estación María Zambrano
SituaciónMálaga
ServizosRestauración Venda de Billetes
Liñas
Alta velocidade
Longa DistanciaArco, Estrella, Trenhotel
Media distancia (Proximidades Málaga)
Intermodalidade
OutrosPróximamente Metro Autobuses

É cabeceira da liña C-2 de Proximidades Málaga, situada na zona 0 da rede, parada de trens de Media distancia Renfe e de trens de longa distancia.

Proximidades Renfe

editar

A estación subterránea ten servizo de Proximidades Renfe cunha frecuencia de 2 trens por hora na liña C-1 e uns poucos trens ao día na liña C-2. É cabeceira da segunda.

 
Tren de alta velocidade na estación
Orixe/Destino < Liña > Destino/Orixe
terminal[1]   Victoria Kent Fuengirola
terminal   Álora

Media distancia

editar

Os trens de Media Distancia son de tipo R-598 con destino Sevilla-Santa Justa percorrendo a liña A-3 ou son Rexional Exprés con destino Ronda que combina con parte do trazado da liña A-5.

Liña > Destino/Orixe
A-3 Álora Sevilla-Santa Justa
A-5 Ronda

Longa distancia

editar

Dende o 24 de decembro de 2007 está aberta ó público a L.A.V. Córdoba-Málaga, que permite a chegada de trens AVE dende Madrid-Puerta de Atocha en 2 h e media.

Tren Orixe/Destino Paradas intermedias Frecuencia
  Madrid-Puerta de Atocha Antequera-Santa Ana · Puente Genil-Herrera · Córdoba Central · Puertollano · Cidade Real-Central 12-15 trens ao día
Algúns son directos ou semidirectos
Barcelona-Sants Antequera-Santa Ana · Puente Genil-Herrera · Córdoba Central · Puertollano · Cidade Real-Central · Madrid-Puerta de Atocha · Zaragoza-Delicias · Camp de Tarragona 1 tren ao día
Arco
García Lorca
Barcelona-Sants Bobadilla · Puente Genil · Montilla · Córdoba Central · Andújar · Espeluy · Linares-Baeza · Vilches · Valdepeñas · Manzanares · Alcázar de San Juan · Socuéllamos · Villarrobledo · Albacete · Xàtiva · València-Nord · Castelló de la Plana · Benicarló-Peñíscola · Vinaròs · L'Aldea-Amposta-Tortosa · Salou · Tarragona · Sant Vicenç de Calders 1 tren ao día
Trenhotel
Gibralfaro
Barcelona-Sants Antequera-Santa Ana · Puente Genil-Herrera · Córdoba Central · Zaragoza-Delicias · Camp de Tarragona 1 tren ao día
Estrella
Picasso
Bilbao-Abando Bobadilla · Puente Genil · Córdoba Central · Linares-Baeza · Valdepeñas · Manzanares · Ávila · Medina del Campo · Valladolid-Campo Grande · Burgos-Rosa de Lima · Miranda de Ebro 1 tren á semana (domingos)

Centro Comercial Vialia

editar

Dentro da estación atopamos un centro comercial, con establecementos de Media-Markt, Game, H&M ou Mc Donald's entre outros, así como un cine Yelmo Cineplex.

  1. Desde abril de 2008, a liña C-1 finaliza en María Zambrano debido ao peche provisional de Málaga-Renfe e Málaga-Centro-Alameda por obras.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar