Estádio do Campo Grande

Coordenadas: 38°45′33″N 9°09′34″O / 38.759158, -9.159573

O Estádio do Campo Grande foi un estadio situado en Lisboa, Portugal. Foi usado principalmente para partidos de fútbol e albergou os partidos como local do Sporting Clube de Portugal e despois do Sport Lisboa e Benfica. O estadio tiña capacidade para 25 000 persoas e foi aberto en 1912 como campo do Lisboa FC. En 1917, o Lisboa FC deixou o estadio e pasou a ser usado polo Sporting de Portugal, que o usou ata 1937, deixándoo daquela polo Estádio do Lumiar.

Estádio do Campo Grande
Datos
LocalizaciónLisboa, Portugal Portugal
Construción
Inauguración1912
Demolición1955
Estadio
SuperficieCéspede
Capacidade25 000
LocalíaLisboa FC
Sporting Clube de Portugal
Sport Lisboa e Benfica

En 1941 pasou a ser utilizado polo Benfica despois de que o Estádio das Amoreiras fose demolido para construír unha autoestrada. Foron precisas obras de reconstrución. Pechou en 1954 cando o foi aberto o Estádio da Luz orixinal.[1]

Notas editar

  1. "Estádio do Campo Grande". slbenfica.pt (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 23 de maio de 2016.