Arena Fonte Nova

(Redirección desde «Estádio Fonte Nova»)

Coordenadas: 12°58′44″S 38°30′15″O / -12.978819444444, -38.504252777778

O Complexo Esportivo Cultural Octávio Mangabeira (nome oficial)[1] ou Itaipava Arena Fonte Nova (por cuestións de dereitos de nome, sendo o nome non oficial, aínda que coñecido popularmente como Arena Fonte Nova ou simplemente Fonte Nova)[2][3] é un estadio de fútbol localizado en Salvador de Baía, Brasil, no mesmo lugar do antigo Estádio Octávio Mangabeira.[4] Utilizando o mesmo modelo de xestión multiuso do Amsterdam Arena, un dos maiores centros de lecer do mundo e estadio local do AFC Ajax, o proxecto colocará a Baía no circuíto do entretemento mundial.

Complexo Esportivo Cultural Octávio Mangabeira
Itaipava Arena Fonte Nova
Datos
Localización Salvador, Baía
Brasil
AlcumeFonte Nova
Nomes antigosOctávio Mangabeira
Construción
Inauguración5 de abril de 2013
ArquitectoMarc Duwe
CustoR$ 592 millóns
Estadio
SuperficieHerba
Dimensións105 × 68
Capacidade50.000
Asist. máxima48.874 (22/6 de 2013)
Italia Italia 2-4 Brasil Brasil
PropietarioFonte Nova Negócios e Participações S.A
LocalíaEsporte Clube Bahia
Esporte Clube Vitória (esporadicamente)
Eventos
Copa Confederacións Brasil 2013
Mundial de Fútbol Brasil 2014

O estadio ten capacidade para 50.000 persoas (55.000 durante a Copa do Mundo de 2014) repartidas en tres niveis de bancadas con asentos cubertos, camarotes, restaurante panorámico con vistas cara ao estadio e cara ao Dique do Tororó, e preto de dúas mil prazas de estacionamento. A súa estrutura conta tamén con sala de prensa, quioscos, elevadores, sanitarios, museo, tendas e un centro de negocios que funciona independentemente dos partidos. Alén de partidas de fútbol, a Arena Fonte Nova permitirá a realización doutros eventos como shows musicais de artistas de renome nacional e internacional, congresos e encontros de negocios.

Notas editar