Esperanza Aguilà Ducet
Esperanza Aguilà Ducet, nada en Barcelona o 6 de novembro de 1951, é unha enfermeira, axente de igualdade e escritora catalá.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de novembro de 1951 (73 anos) Barcelona, España |
Actividade | |
Ocupación | escritora |
Traxectoria
editarEsperanza Aguilà Ducet naceu en Barcelona en 1951. Licenciouse en enfermaría na Universidade de Barcelona e está especializada na promoción da saúde con perspectiva de xénero e en políticas de igualdade.[1]
É presidenta do Centro de Análise e Programas Sanitarios (CAPS).[2] Impartiu numerosos obradoiros e charlas sobre a saúde das mulleres. Tras incursionar a partir de 1996 nos obradoiros de escritura creativa Grafein, pioneiros en Barcelona, impartidos por Silvia Adela Kohan e Ariel Rivadeneiraha, colaborou na revista especializada "Mujeres y Salud"[3] na que publicou varios artigos dende o ano 2002.
Publicou un texto en Agenda de les Dones do ano 2008, e obtivo o primeiro premio no XIX Concurso de Conto Breve na Revista Escribir y Publicar polo seu relato «Plenitud», e unha mención especial no V Certame de Relato curto Paz Pasamar do concello de Jerez de la Frontera, por «Cenefas».[1] En 2014 publicou a súa primeira novela titulada En el patio de atrás.[4]
Obras
editarRelato
editar- Plenitud, 2000
- Cenefas, 2005
Novela
editar- En el patio de atrás (Moment Angular, 2014)[4]
Premios e recoñecementos
editar- XIX Concurso de Conto Breve na Revista Escribir y Publicar, 2000.
- Mención especial no V Certame de Relato curto Paz Pasamar do concello de Jerez de la Frontera, Cádiz 2005.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "Esperanza Aguilà Ducet". www.emboscall.com. Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2016. Consultado o 28 de outubro de 2016.
- ↑ caps. "CAPS - Centre d'Anàlisi i Programes Sanitaris | Què és el CAPS i Junta - CAPS Informació CAPS - CAPS - Centre d'Anàlisi i Programes Sanitaris". www.caps.cat. Arquivado dende o orixinal o 01 de novembro de 2016. Consultado o 28 de outubro de 2016.
- ↑ "CAPS - Centre d'Anàlisi i Programes Sanitaris | CAPS MYS: titol de l'article - CAPS - Centre d'Anàlisi i Programes Sanitaris". www.caps.cat. Arquivado dende o orixinal o 01 de novembro de 2016. Consultado o 28 de outubro de 2016.
- ↑ 4,0 4,1 "En el patio de atrás". www.emboscall.com. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2016. Consultado o 31 de outubro de 2016.