Espello de Claude

Un Espello de Claude ou espello negro (en inglésClaude glass) é un pequeno espello, de forma lixeiramente convexa, coa superficie tinguida de cor escura.[1] A curvatura destes espellos teñen o efecto de reflectir a paisaxe en miniatura,[2] reducindo e simplificando a cor e escala tonal, das escenas para darlles unha calidade pictórica moi característica.[3] O espello de Claude debe o seu nome a Claude Lorrain, pintor de paisaxes do século XVII, aínda que non está documentado que el o usase, ou que soubese del ou de algo parecido.

"Home suxeitando un espello de Claude", por Thomas Gainsborough

Características editar

Foron moi usados polos artistas na Inglaterra de finais do século XVIII e inicios do XIX para esbozar paisaxes pintorescas, e por viaxeiros e investigadores da paisaxe. O diario do poeta Thomas Gray, publicado en 1775, popularizou o uso do espello de Claude, ás veces chamado nesa época "espello de cinza"[4] considerando que era unha parte fundamental do equipamento do turista[5] e, no diario, tamén describiu como un vaso roto facía un efecto similar e lle permitía ver "o solpor en toda a súa gloria".[6]

No seu influínte A Guide to the Lakes (1778), Thomas West explicou como usar o espello, recomendando transportar dous distintos: "un para reflexos de obxectos grandes e próximos e outro máis plano para obxectos distantes e pequenos". O usuario viraba as costas á escena, de xeito que se observaba o cadro a través dos vidros —nunha especie de prefotografía, que engadía unha sutil gradación de tons.[7]

Estes espellos foron amplamente usados por turistas e artistas afeccionados, que rapidamente se tornaron obxecto de sátira. Hugh Sykes Davies (1909-1984) observou que eles se afastaron do obxecto que desexaban pintar, comentando: "Isto é moi típico da súa actitude cara a Natureza, de tal xeito que esa posición e non outra debería ser a desexada".[8]

No século XX, a arquitecta Mary Colter incluíu os espellos de Claude (chamados logo reflectoscopios) na súa torre en Desert View para o uso de visitantes que desexasen ver o Gran Canón.[9]

Galería editar

Notas editar

  1. "Claude Glass". collections.vam.ac.uk (en inglés). 27 de marzo de 2003. Consultado o 14 de abril de 2021. 
  2. Kinsley (2008), p. 93
  3. Desbuissons, Frédérique (setembro de 1997). "Jacques-Louis David's "Sabine women"". Art History (en inglés) 20 (3): 432–448. doi:10.1111/1467-8365.00070. 
  4. ""An Eye Made Quiet": The Claude Mirror & the Picturesque". Arquivado dende o orixinal o 12 de novembro de 2017. Consultado o 14 de abril de 2021. 
  5. Citando en Kinsley (2008), p. 93
  6. Harris, Alexandra (2015). Weatherland: Writers & Artists Under English Skies. ISBN 9780500518113. 
  7. West (1784)
  8. James Buzard (2002). "The Grand Tour and after 1660-1840," em The Cambridge Companion to Travel Writing. ISBN 0-521-78140-X
  9. "Nature, Culture and History at the Grand Canyon: Desert View Watchtower". Arquivado dende o orixinal o 06 de febreiro de 2018. Consultado o 14 de abril de 2021. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar