Espello (plumaxe)
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Espello (homónimos).
O espello ou speculum é unha mancha brillante, a miúdo de coloración distintiva, presente nas plumas rémixes internas dalgunhas aves, particularmente as anseriformes, pero tamén,por exemplo, nos papagaios do xénero Amazona. Esta mancha, decotío visible cando voan, é util á hora de identificar determinadas especies.