Especulación (economía)

A especulación é un termo polisémico cun mesmo orixe etimolóxico, do latín speculari, observar; referido á filosofía a especulación refírese á observación teórica sobre un asunto (do grego theoría =visión), adquire un significado especial no eido do cartos e a economía [1]. A persoa que especula chámase especulador. Un especulador non compra bens para posuílos, senón para vendelos despois. O motivo é que quere obter beneficios coa variación do prezo.

Téntase comprar os produtos cando son baratos e vendelos cando son caros. Hai unha boa oportunidade de beneficiarse sempre que o prezo de mercado dun ben económico cambie a miúdo en diferentes direccións.

A especulación inclúe a compra, tenencia, venda e venda en curto de accións, bonos, mercadorías, moedas, obxectos de colección, inmobles, derivados ou calquera instrumento financeiro valioso. É o contrario de comprar porque se quere utilizar un ben para a vida diaria ou obter ingresos con eles (como dividendos ou intereses).

A especulación é un dos principais papeis do mercado nos mercados financeiros occidentais. Os outros son cobertura, investimento a longo prazo e arbitraxe. Os especuladores non planean manter un activo durante moito tempo.

A especulación é contraria a certas escalas de valores éticos e relixiosos.[2]

A especulación inmobiliaria é un tipo particular de especulación.

Notas editar

  1. "Dicionario". Real Academia Galega. Consultado o 2022-03-01. 
  2. Ryan, John A. (1902). "The Ethics of Speculation". International Journal of Ethics 12 (3): 335–347. ISSN 1526-422X. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar