Espectro político
Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde setembro de 2017) |
Espectro político é un modo sistemático no que se fai a clasificación de diversas posicións políticas, colocando determinado movemento ou ideoloxía sobre un ou máis eixes xeométricos que simbolizan magnitudes políticas independentes.[1][2]
O paradigma tradicional fai a análise sobre unha regra graduada, que vai entre as extremidades esquerda e dereita, que se refería orixinalmente segundo a disposición dos asentos no parlamento francés despois da Revolución Francesa.[3]
Os réximes políticos localizados nas dúas extremidades son xeralmente réximes totalitarios, que procuran polo medio da forza (coerción ou ameaza) facer prevalecer os seus principios, é dicir, utilizan o estado como instrumento de dominación dunha sociedade, sometendo dunha vez ou paulatinamente as forzas contrarias. Aqueles cunha visión intermediaria son clasificados coma centristas ou moderados.[2]
A partir da segunda metade do século XX, científicos políticos frecuentemente observaban que o modelo dunha única dimensión mostrábase insuficiente para describir todas as distintas ideoloxías políticas, o que os levou a elaborar modelos con máis eixes, principalmente separando nunha ragra de análise das liberdades económicas e outra, de liberdades sociais, como é o gráfico de Nolan.[1][4][5]
NotasEditar
- ↑ 1,0 1,1 "O espectro político circular (I)" (en portugués). Instituto Liberal. Arquivado dende o orixinal o 18 de maio de 2016. Consultado o 1 de febreiro de 2016.
- ↑ 2,0 2,1 Creig Biddle (26 de xuño de 2012). "Political “left” and “right” properly defined" (en inglés). Consultado o 1 de febreiro de 2016.
- ↑ Neely, Sylvia (2008). A concise history of the French Revolution (en inglés). Plymouth: Rowman & Littlefield. pp. 133-134. ISBN 0-7425-3411-1.
- ↑ McKnight, David (2005). Beyond right and left: new politics and the culture wars (en inglés). Crows Nest: Allen & Unwin.
- ↑ Huebert, Jacob (2010). Libertarianism Today (en inglés). Santa Barbara: ABC-Clio. p. 23. ISBN 978-0-313-37754-9.