Chámase zunido ou acúfeno (latín médico tinnitus) a unha sensación auditiva cuxa fonte non procede dun estímulo externo ao organismo. É un síntoma asociado a varias formas de perda auditiva pero tamén a outras enfermidades, xeralmente asociado a traumatismos. Trátase dun fenómeno perceptivo que consiste en notar golpes ou pitos no ouvido que non están orixinados en fonte externa ningunha.

Aviso médico
Aviso médico
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

Causas editar

Este zunido suponse que se produce polo aumento da actividade das áreas cerebrais que interveñen na audición, e aparece asociado a trastornos do aparello auditivo. Non se limita a un tilintineo, pode percibirse en forma de pitos, zunido grave ou agudo, rouco, sibilancia, ruído branco, estrondo ou cantar de grilos, entre outros sons.

A forma máis habitual ten a súa orixe en lesións do oído interno, a cóclea, por exposición delongada a sons por riba do volume límite para a saúde humana, 85 decibelios. Outras causas poden ser as infeccións e as lesións, así como o uso dalgúns medicamentos.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar