Zsolt Baumgartner

Zsolt Baumgartner, nado en Debrecen o 1 de xaneiro de 1981, é un expiloto de automobilismo húngaro. Correu cos equipos Jordan e Minardi en Fórmula 1. É o único piloto húngaro en competir en dita categoría.

Infotaula de personaZsolt Baumgartner

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(hu) Baumgartner Zsolt Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1 de xaneiro de 1981 Editar o valor em Wikidata (43 anos)
Debrecen, Hungría Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeHungría Editar o valor em Wikidata
Altura178 cm Editar o valor em Wikidata
Peso74 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiloto de automobilismo , piloto de Fórmula Un Editar o valor em Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor em Wikidata

Páxina webzsolt.baumgartner.hu Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Baumgartner fixo o seu debut na Fórmula Un no Gran Premio de Hungría de 2003 e substituíu o accidentado Ralph Firman no equipo de Jordan. Tamén participou no Gran Premio de Italia de 2003 ese ano.

Fixéronse plans para que Baumgartner volvese a pilotar un Jordan en 2004 co patrocinio da compañía petroleira MOL Rt.. Non obstante, non conseguiu acordar termos con Jordan e asinou con Minardi no seu lugar. Isto causou que MOL Rt. diminuíse o importe de patrocinio, o que levou a Baumgartner e o seu representante a crear o Zsolt Baumgartner Supporter's Club, un plan similar ao empregado por Justin Wilson no 2003.[1]

Baumgartner competiu durante toda a tempada 2004 de Fórmula Un e logo de case puntuar dúas veces (noveno en Mónaco e 10º en Canadá, logrou acadar o primeiro punto de Minardi en máis de dous anos rematando oitavo (aínda que penúltimo) no Gran Premio dos Estados Unidos.

Champ Car World Series editar

En marzo de 2007 foi confirmado como piloto de probas e reserva no Minardi Team USA. Baumgartner só participou nun puñado de probas para o equipo e non disputou ningunha carreira. Antes da tempada de 2008, a Champ Car unificouse coa rival IndyCar Series e Stoddart e Minardi deixaron o deporte.

Fórmula Superleague editar

En 2008 Baumgartner converteuse no piloto de probas do equipo Tottenham Hotspur F.C. na Fórmula Superleague.

Rexistro de carreiras editar

Resultados completos na Fórmula 3000 Internacional editar

(clave)

Ano Equipo 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 Pos. Puntos
2001 F3000 Prost Junior Team INT IMO CAT A1R MON NUR
19
MAG
Ret
SIL
18
HOC
16
HUN
Ret
SPA
13
MNZ
17
29º 0
2002 Coca-Cola Nordic Racing INT
Ret
IMO
9
CAT
Ret
A1R
11
MON
Ret
NUR
12
SIL
14
MAG
12
HOC
8
HUN
7
SPA
8
MNZ
6
15º 1
2003 Coloni Motorsport IMO
10
CAT
7
A1R
10
MON
5
NUR
11
MAG
9
SIL
11
HOC
9
HUN
NTS
MNZ 14º 6

Resultados Completos na Fórmula Un editar

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 Pos. Pts
2003 Jordan Ford Jordan EJ13 Ford V10 AUS MAL BRA SMR ESP AUT MON CAN EUR FRA GBR ALE
TD
HUN
Ret
ITA
11
USA XPN 24º 0
2004 Minardi Cosworth Minardi PS04B Cosworth V10 AUS
Ret
MAL
16
BHR
Ret
SMR
15
ESP
Ret
MON
9
EUR
15
CAN
10
USA
8
FRA
Ret
GBR
Ret
ALE
16
HUN
15
BEL
Ret
ITA
15
CHN
16
XPN
Ret
BRA
16
20º 1

Notas editar

  1. "Archived copy". Arquivado dende o orixinal o 19 de xuño de 2014. Consultado o 2014-06-19.  Arquivado 19 de xuño de 2014 en Archive.is

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar