A zoca[1] (do latín soccus), tamén chamada zoco, galocha, galocho, madroña ou zamanco, é un tipo de calzado dunha peza propio do pobo galego e doutros pobos europeos, xeralmente de madeira de bidueiro, amieiro ou cerdeira. Foron utilizados, e aínda seguen a utilizarse nalgúns países europeos, principalmente nos Países Baixos, Bretaña, Alemaña, Asturias ou Galiza entre outros. Son empregadas como calzado protector tanto en fábricas coma no campo. En Galiza están feitas tradicionalmente con madeira de bidueiro e posúen numerosas tipoloxías, desde as vilalbesas ata as de montaña, máis semellantes ás coñecidas como "madreñas". Son consideradas como saudables para os pés.

Zocas galegas nun taller de carpinteiro, Meirás, Valdoviño.

En Inglaterra tallábanse tradicionalmente con madeira de abeneiro e foron utilizados por todas as clases nos séculos XVIII e XIX.

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar