Zetaproteobacterias

As zetaproteobacterias ou Zetaproteobacteria é a clase de Proteobacteria de máis recente introdución nas clasificacións. Está composta por unha única especie, a Mariprofundus ferrooxydans [1] descrita en 2010, que se considera basal ás gamma e betaproteobacterias [2] o que foi confirmado por diversos estudos [3]

Seguindo a convención para a denominación das clases das Proteobacteria (inicialmente chamadas "bacterias púrpuras") iniciada con Carl Woese [4], esta é a 6ª clase do grupo en ser descrita, polo que recibiu o nome da 6ª letra do alfabeto grego, zeta (ζ)[5], polo que a denominación non está baseada na posición filoxenética con respecto ás outras clases.

Notas editar

  1. mariprofundus entry in LPSN Euzéby, J.P. (1997). List of Bacterial Names with Standing in Nomenclature: a folder available on the Internet". Int J Syst Bacteriol 47 (2): 590-2. DOI:10.1099/00207713-47-2-590. ISSN 0020-7713. PMID 9103655.
  2. Emerson, David; Rentz, Jeremy A.; Lilburn, Timothy G.; Davis, Richard E.; Aldrich, Henry; Chan, Clara; Moyer, Craig L. (2007). Reysenbach, Anna-Louise. ed. "A Novel Lineage of Proteobacteria Involved in Formation of Marine Fe-Oxidizing Microbial Mat Communities". PLoS ONE 2 (8): e667. Bibcode 2007PLoSO...2..667E. DOI:10.1371/journal.pone.0000667. [1] PMID 17668050
  3. Williams, K. P.; Gillespie, J. J.; Sobral, B. W. S.; Nordberg, E. K.; Snyder, E. E.; Shallom, J. M.; Dickerman, A. W. (2010). "Phylogeny of Gammaproteobacteria". Journal of Bacteriology 192 (9): 2305–2314. DOI:10.1128/JB.01480-09. PMC 2863478. PMID 20207755. [2]
  4. Woese, C. R. (1987). "Bacterial evolution". Microbiological reviews 51 (2): 221–271. PMC 373105. PMID 2439888. //www.pubmedcentral.nih.gov/articlerender.fcgi?tool=pmcentrez&artid=373105.
  5. En galego a esta letra tamén se lle dá o nome de dseta, pero internacionalmente coñécese como zeta.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar