Sōtō (曹洞宗; xaponés: ' ' Sōtō-shū' ', chinés: ' ' Caodong-zong ' ') é un dos dous principais cultos zen no Xapón (o outro é o Rinzai). É unha extensión ou subrama da chinesa Caodong, traída ao Xapón por Dogen (1200-1253), e que despois da súa morte se coñeceu como "escola Soto".

Características editar

Con 14.700 templos e case 7 millóns de adherentes (en 1989), o Soto é o principal culto zen no Xapón, por riba de Rinzai e de Obaku. Na historia xaponesa, o Soto gañou terreo entre os gobernantes provinciais e máis a xente corrente, mentres que o Rinzai gañou apoio no goberno central dos samurais.

O Soto pratícase no Xapón e no oeste, e fai fincapé no shikantaza e na meditación, simplemente sentando nunha postura queda. O asento e meditación non se ve como un medio senón como un fin en si mesmo, un xeito directo de expresar a iluminación e máis a Budeidade nun instante.

Historia editar

As características de Soto como un estilo distinto de zen remóntanse a Shih-t'ou Hsi-ch'ien-ch'ien (en xaponés Sekito Kisen, 700-790) quen conduciu un centro importante da práctica nas montañas da provincia de Hunan na China. Desta escola partiron tres escolas diferentes de zen, das que o Soto é unha delas, fundado por Tung-tung-shan Liang-chieh (807-69) na China. A súa transmisión ao Xapón foi por Eihei Dogen Cenxi (1200-1253). Con certa similitude coas tradicións do budismo tibetano, un monxe sénior é nomeado para ser un portador do liñaxe no cerimonia da transmisión do Dharma. Este monxe será recoñecido previamente ao ter algún grao iluminación ou satori por un mestre actual de zen, así como vivindo e servindo durante décadas nun mosteiro zen. Os documentos da lineaxe remóntanse na cadea de transmisión ata Gautama Buddha, o histórico Buddha orixinal e fundador do budismo.

Textos importante editar

O poema de Shih-t'ou Hsi-ch'ien's-ch'ien "A harmonía da diferenza e Igualdade" é unha importante expresión temperá do budismo zen e lévase cantando nos templos de Soto ata hoxe en día. Un dos poemas do Tung-tung-shan Liang-chieh, o fundador do Soto, é "A canción da consciencia do espello precioso", cantada tamén aínda hoxe nos templos Soto. O ensino de Dogen caracterízase pola identificación da práctica como a iluminación mesma. Esta explicación descríbea no Shobogenzo.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar