Zas

concello da Terra de Soneira

Zas é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca da Terra de Soneira. Segundo o IGE en 2020 tiña 4.393 habitantes[1] (4.902 no 2014, 5.295 no 2010, 5.674 no 2006, 5.780 no 2005, 5.867 no 2004, 5.978 no 2003). O xentilicio é zaseiro ou salense.[2]

Modelo:Xeografía políticaZas
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 43°05′43″N 8°55′27″O / 43.095277777778, -8.9241666666667Coordenadas: 43°05′43″N 8°55′27″O / 43.095277777778, -8.9241666666667
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaProvincia da Coruña Editar o valor em Wikidata
CapitalZas Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación4.308 (2023) Editar o valor em Wikidata (32,23 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie133,68 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude0 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Santo padrónAndré Apóstolo Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Alcalde Editar o valor em WikidataManuel Muíño Espasandín Editar o valor em Wikidata
Eleccións municipais en Zas Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal15850 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE15093 Editar o valor em Wikidata

Páxina webconcellodezas.org Editar o valor em Wikidata
Facebook: concellozas Twitter: TurismoZas Instagram: concellozas Editar o valor em Wikidata

Xeografía editar

Situación editar

Limita cos concellos de Coristanco, Santa Comba, Mazaricos, Vimianzo, Laxe e Cabana de Bergantiños. Aínda que non ten litoral, atópase na zona central da Costa da Morte. Ten unha forma alongada en dirección norte-sur. O cumio máis elevado é o Pico de Meda (567 m). Polo norte do concello pasa o río Grande, e polas parroquias do sur o río Xallas.

Parroquias de Zas

Demografía editar

Padrón municipal 2020 4.393 habitantes[1]
Menores de 15 anos 336 (7,65 %)
Entre 16 e 64 anos 2.533 (57,66 %)
Maiores de 65 anos 1.524 (34,69 %)
Evolución da poboación de Zas   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
5.691 6.275 8.004 7.329 5.867 5.385 5.219 5.109 4.983 4.902 4.846 4.756 4.671 4.581 4.472 4.393
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Fonte: IGE[3] e INE[4].

Cultura editar

Toponimia editar

Amais do concello de Zas e da parroquia na que radica a súa capitalidade, Santo André de Zas, hai en Galicia outras dúas freguesías con ese nome: San Mamede de Zas (en Negreira) e San Xiao de Zas de Rei (en Melide).

Etimoloxía editar

Segundo a teoría máis estendida entre os investigadores, o actual nome de Zas procede do xermánico SALAS, plural de SALA (‘pazo, residencia principal’) e faría referencia a un asentamento humano. Esta forma evolucionaría a Saas, resultado dunha síncope do ele intervocálico tamén rexistrada noutros topónimos galegos actuais como Saa, Saamil ou Saavedra, e de aí, por contración do a duplo, converteríase en Sas (existen outros casos de Sas en Galicia, así como Sa, Samil ou Sasdónigas, de idéntica orixe). A escrita Zas respondería a unha ultracorrección do seseo explosivo propio das falas máis occidentais como a soneirense.[5][6]

Con todo, o filólogo Paulo Martínez Lema, na súa tese de doutoramento sobre a toponimia de Bergantiños, Nemancos, Soneira e Xallas no tombo de Toxos Outos propón unha etimoloxía fitonímica a partir do latino SALIX (‘salgueiro’) na súa declinación en ablativo SALICE, nun proceso análogo ao dos topónimos Saceda e Sacido.[7] Esta hipótese encontra sustento no feito de que a forma documentada máis antiga, nos séculos XII e XIII sexa Saz, na que non hai pegada do suposto hiato resultante da síncope da consoante lateral. Tamén apoia esta teoría a aparición dunha referencia ao nome da parroquia como “Sn Andres de Sauces” de 1745, cando a forma Zas xa se estaba impoñendo na escrita, que podería deberse a un coñecemento da etimoloxía pola parte do escribán. Para explicar a ortografía actual, Martínez Lema pensa no fenómeno da metátese (Saz>Zas) ou, de novo, por ultracorrección do seseo.[8][9]

Patrimonio editar

Patrimonio arqueolóxico editar

Consérvanse restos megalíticos de hai uns 5.000 anos, sendo a máis coñecida a Arca da Piosa, situada na parroquia de Muíño. Tamén se conservan algúns castros, coma o de Santo Adrián.

Patrimonio arquitectónico editar

Ao sur do concello está a Ponte de Brandomil, da época medieval e construída segundo bases romanas.

Entre os moitos edificios relixiosos do concello, salienta a Igrexa de Gándara (románica), a Igrexa de Lamas (cunha ábsida renacentista e unha nave barroca), e a Igrexa de Zas (de 1540).

Pazos editar

Etnografía editar

Zas conta co museo do liño, no que se poden ver as distintas fases do cultivo e fiado do mesmo: a sementeira en abril - a colla en xullo - o lagado e enxugado - o tascado e o espadelado - O rastreado - A fiadura - a lavadura do fío e o tecido. Trátase dun museo vivente onde se pode asistir a demostracións de fiado e tecido.[11]

Festas e celebracións editar

Na vila de Zas lévase a cabo o encontro de música folk da Festa da Carballeira, que en 2019 celebrou a súa XXXVI edición.[12]

Economía editar

Zas susténtase nunha economía agrícola e gandeira, de explotacións minifundistas.

Galería de imaxes editar

Artigo principal: Galería de imaxes de Zas.

Lugares de Zas editar

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Zas vexa: Lugares de Zas.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "IGE - Información municipal". www.ige.eu. Arquivado dende o orixinal o 23 de maio de 2021. Consultado o 2021-05-23. 
  2. Costas González, Xosé-Henrique (2016). Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega (PDF). Vigo: Universidade de Vigo. p. 62. ISBN 978-84-8158-706-7. 
  3. "IGE. Táboas". www.ige.eu. Arquivado dende o orixinal o 23 de maio de 2021. Consultado o 2021-05-23. 
  4. "Instituto Nacional de Estadística. (National Statistics Institute)". ine.es. Consultado o 2021-05-23. 
  5. Cabeza Quiles, Fernando (2008). Toponimia de Galicia. Galaxia. ISBN 9788498650921. 
  6. "Zas | Allos con bugallos". Portal das Palabras. Consultado o 2020-09-14. 
  7. Martínez Lema, P. (2010): A toponimia das comarcas de Bergantiños, Fisterra, Soneira e Xallas na documentación do tombo de Toxos Outos (séculos XII-XIV), pp. 394-397. Santiago de Compostela: Servizo de Publicacións e Intercambio Científico.
  8. Domínguez Rial, E. e Lema Suárez, X. Mª. (2017) Zas polo miúdo: ZAS, Santo André. pp. 6-9. Concello de Zas
  9. "O Seminario de Onomástica responde: Zas | Toponimia". toponimia.xunta.gal. Consultado o 2021-06-02. 
  10. Merino, María (14 de xaneiro de 2011). "El rico patrimonio de Zas". Turismo en Pueblos (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 16 de novembro de 2015. Consultado o 11 de novembro de 2015.  Arquivado 16 de novembro de 2015 en Archive.is
  11. "Museo del lino" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 09 de setembro de 2018. Consultado o 11 de setembro de 2018.  Arquivado 09 de setembro de 2018 en Wayback Machine.
  12. Santi74bb. "XXXVI Festa da Carballeira (2019)". Festa da Carballeira de Zas. Arquivado dende o orixinal o 23 de maio de 2021. Consultado o 2021-05-23. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Domínguez Rial, Evaristo; Lema Suárez, Xosé M.ª (2020). Zas polo miúdo (PDF). Concello de Zas. 

Outros artigos editar


 
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.