Zara

cadea galega de tendas de moda e complementos pertencente ao grupo Inditex

Coordenadas: 43°18′52.55″N 8°30′18.02″O / 43.3145972, -8.5050056

Zara é unha cadea galega de tendas de moda e complementos pertencente ao grupo Inditex con sede en Arteixo.

Zara

Editar o valor em Wikidata
TipoSociedade Anónima
Fundación1975
MatrizInditex
LocalizaciónAvda. Deputación. Polígono de Sabón, 15142 Arteixo (provincia da Coruña) Galicia Galicia
FundadorAmancio Ortega Gaona
Persoas clavePablo Isla (presidente)
IndustriaTéxtil
ProdutosRoupa e complementos
Beneficio9.000 millóns de euros (2011)[1]
Na rede
https://www.zara.com/
Facebook: zara Twitter: ZARA Instagram: zara Youtube: UCa8RD6FJLllG4nBskvhOGZw Pinterest: zaraofficial TikTok: zara Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

 
Primeira tenda de Zara na Coruña, na rúa Juan Flórez.

A marca foi fundada por Amancio Ortega en 1975, e a primeira tenda abriuna o 9 de maio dese ano na rúa Juan Flórez da Coruña. En 1981 abre a súa primeira tenda fóra de Galicia, en Madrid, e en 1988 inaugura a primeira tenda internacional en Porto. A segunda tenda no estranxeiro de Zara abre o 27 de setembro de 1989 en Nova York, na avenida Lexington.

Nos seus inicios Zara traballaba en Galiza con pequenos obradoiros, cooperativas, de costureiras ás que entragaba o material xa cortado, botóns e fíos para que cosesen pola súa conta a roupa en prazos axustados. Os máis pequenos destes obradoiros-cooperativas foron desaparecendo segundo foi baixando o traballo e os cartos que lles pagaban[2]. Nas súas orixes nas tendas de Zara vendíase roupa doutras marcas, pasando co tempo a vender roupa só como Zara.

Zara é a cadea insignia do grupo Inditex e está representada en Europa, América, África e Asia con 1.481 tendas (outubro de 2008) [3] en 71 países, delas 38 en Galiza.[4] A súa sede central é Arteixo.

En 2015 a marca comezou a poñer puntos de autoservizo e pagamento, como ampliación da súa estratexia comercial na venda. O primeiro destes puntos foi posto no centro comercial Marineda City[5].

As tendas e as cifras editar

 
Establecemento de Zara na rúa Vimmelskaftet de Copenhaguen.

Zara é a cadea máis importante do grupo Inditex, a que está en máis países e a que é máis coñecida. En 2006 agardaba abrir 140 novas tendas [6], practicamente unha cada dous días, o que representou a terceira parte de todas as novas aperturas do grupo. A súa primeira tenda abriuna o propio Amancio Ortega na Coruña en 1975.

En 2004, a súa cifra de negocio foi de 3.819,6 millóns de euros e representaba o 67,8% das vendas de Inditex.

Modelo de negocio editar

 
Tenda Zara en IFC, Hong Kong.

Zara ofrece roupa de tendencia, cunha calidade media e a un prezo económico. O seu público é feminino, masculino e infantil. Existe unha cadea específica que, co nome de Zara Home traballa no sector da moda de fogar. O modelo empresarial empregado nesta concepción do negocio permite dar resposta aos gustos do cliente nun tempo récord. Con máis de 200 deseñadores, as últimas tendencias séguense nas tendas, a pé de rúa e nas constantes viaxes a feiras internacionais. Así, Zara é capaz de deseñar, producir e distribuír unha colección a calquera parte do mundo dúas veces por semana en cada tenda[7]. A distribución realízase en tendas propias, estratexicamente situadas nos centros e zonas comerciais das cidades, onde se coida ao máximo ao escaparatismo e o deseño interior.

Mercado e clasificacións editar

En agosto de 2005, entrou por primeira vez na lista das 100 maiores marcas do mundo, situándose no posto 77º, segundo a clasificación anual da revista Business Week e a consultora Interbrand. A marca galega aparece valorada en 3.051 millóns de euros e supera na clasificación a grandes grupos como Hermès, Prada ou Armani.

En xaneiro de 2006, un estudo da revista estadounidense Brandchannel sinalaba que Zara era unha das marcas que máis impacto causaba na rede, e colocábaa de cuarta no ranquin europeo[8], por detrás de Ikea, Skype e Nokia e de 14ª no ranquin mundial[9]. Fóra da rede, o ránquin Brandz, da consultora estadounidense Millward Brown, situaba en 2007 a marca como a 90ª máis valiosa[10] do planeta.

En xuño de 2012 Zara foi absolta na demanda que Christian Louboutin lle interpuxo por plaxio da súa sola vermella. Christian Louboutin tivo que pagar 2.500 euros a Zara como compensación[11].

Citas editar

O deseñador de Louis Vuitton, Daniel Piette, describiu a Amancio Ortega como "posiblemente o minorista máis innovador e máis arrasador do mundo"[12].

Tendas no mundo editar

Distribución das tendas de Zara por zonas xeográficas:[13]

Zara en África
País #
  Marrocos 10 tendas
  Angola 9 tendas
  Exipto 4 tendas
  Mozambique 3 tendas
  Tunisia 2 tendas
  Suráfrica 2 tendas
Zara en ASIA
País #
  China 107 tendas
  Xapón 78 tendas
  Corea do Sur 35 tendas
  Arabia Saudita 26 tendas
  Israel 20 tendas
  Indonesia 10 tendas
  Emiratos Árabes Unidos 9 tendas
  India 8 tendas
  Singapur 7 tendas
  Malaisia 6 tendas
  Filipinas 6 tendas
  Tailandia 6 tendas
  Kuwait 5 tendas
  Líbano 5 tendas
  Bahrain 2 tendas
  Xordania 2 tendas
  Casaquistán 2 tendas
  Qatar 2 tendas
  Siria 2 tendas
  Taiwán 2 tendas
  Acerbaixán 1 tenda
  Omán 1 tenda
  Nepal 1 tenda
Zara en Norteamérica
País #
  México 55 tendas
  Estados Unidos 45 tendas
  Canadá 22 tendas
  Costa Rica 2 tendas
  República Dominicana 2 tendas
  O Salvador 2 tendas
  Guatemala 2 tendas
  Honduras 2 tendas
  Panamá 2 tendas
  Porto Rico 1 tenda
Zara en Europa
País #
  España 336 tendas
  Francia 118 tendas
  Italia 88 tendas
  Alemaña 67 tendas
  Reino Unido 66 tendas
  Portugal 61 tendas
  Rusia 58 tendas
  Grecia 43 tendas
  Polonia 39 tendas
  Turquía 31 tendas
  Bélxica 27 tendas
  Países Baixos 21 tendas
  Romanía 18 tendas
  Austria 12 tendas
  Suíza 10 tendas
  Irlanda 9 tendas
  Croacia 9 tendas
  Ucraína 9 tendas
  Suecia 8 tendas
  Hungría 7 tendas
  República Checa 6 tendas
  Bulgaria 5 tendas
  Eslovenia 5 tendas
  Finlandia 4 tendas
  Letonia 4 tendas
  Lituania 4 tendas
  Serbia 4 tendas
  Noruega 3 tendas
  Dinamarca 2 tendas
  Estonia 2 tendas
  Islandia 2 tendas
  Luxemburgo 2 tendas
  Eslovaquia 2 tendas
  Andorra 1 tenda
  Malta 1 tenda
  Mónaco 1 tenda
  Montenegro 1 tenda
  Bosnia e Hercegovina 1 tenda
Zara en Suramérica
País #
  Brasil 34 tendas
  Arxentina 10 tendas
  Colombia 10 tendas
  Venezuela 9 tendas
  Chile 7 tendas
  Uruguai 2 tendas
  Ecuador 1 tenda
  Perú 1 tenda
Zara en Australia
País #
  Australia 5 tendas

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. "Apple e Inditex, dos marcas de éxito con bastantes similitudes economiadigital.es". Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2012. Consultado o 24 de setembro de 2012.  Arquivado 23 de setembro de 2012 en Wayback Machine.
  2. "Os comezos de Inditex en Galicia", artigo en Galicia Confidencial.
  3. Stores around the world Arquivado 22 de outubro de 2008 en Wayback Machine., web de Inditex, consultado o 27 de outubro de 2008
  4. Zara. Nuestras tiendas, web de Zara, consultado o 27 de outubro de 2008
  5. "El autoservicio llega a Zara", artigo en La Voz de Galicia, 1 de febreiro de 2015.
  6. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2007. Consultado o 28 de xaneiro de 2007. 
  7. http://www.businessweek.com/globalbiz/content/apr2006/gb20060404_167078.htm?chan=innovation_branding_brand+profiles
  8. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 02 de febreiro de 2007. Consultado o 28 de xaneiro de 2007. 
  9. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 21 de marzo de 2007. Consultado o 28 de xaneiro de 2007. 
  10. "Copia arquivada" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de novembro de 2009. Consultado o 23 de abril de 2007.  Arquivado 04 de novembro de 2009 en Wayback Machine.
  11. "Zara gana a Louboutin una demanda por supuesto plagio de la suela roja" Arquivado 18 de agosto de 2012 en Wayback Machine., La Voz de Galicia (en castelán)
  12. Zara, a Spanish success story CNN.com Arquivado 17 de agosto de 2012 en Wayback Machine. (en inglés)
  13. Tiendas en el mundo Arquivado 08 de agosto de 2013 en Wayback Machine. (en castelán)

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar