Zaida de Sevilla

Princesa de Sevilla e posible raíña de León

Zaida de Sevilla ou, simplemente, Zaida (en árabe: زائدة ), nada contra 1063 e finada en 1107, foi unha princesa musulmá de Al-Andalus, nora de al-Mu'tamid.

Infotaula de personaZaida de Sevilla

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1063 ↔ 1071 Editar o valor em Wikidata
Al-Andalus Editar o valor em Wikidata
MorteAntes de 12 de setembro de 1107 Editar o valor em Wikidata
Causa da morteTrastorno puerperal Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAl-Andalus Editar o valor em Wikidata
RelixiónIslam e cristianismo Editar o valor em Wikidata
Altura1,65 m Editar o valor em Wikidata
Actividade
LinguaÁrabe e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloPrincesa
Raíña consorte Editar o valor em Wikidata
CónxuxeAfonso VI de León (1100–1107)
Abu Nasr al-Fath al-Ma'mun (–1091) Editar o valor em Wikidata
FillosSancho Afónsez e Elvira de León
ParentesAl-Mu'tamid (husband's father (en) Traducir) Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Unknown-439813
Afonso VI o Bravo, rei de Galicia, León e Castela.
Tumbo A. Arquivo da Catedral de Santiago de Compostela.

Foi concubina de Afonso VI,[1] con quen tivo ao infante Sancho Afónsez, morto sendo moi novo na batalla de Uclés (1108).

Orixes editar

O seu nacemento debeu producirse contra 1063, en Al-Andalus.

As primeiras informacións sobre a vida de Zaida proceden da crónica árabe Al-Bayan al-mugrip de Ibn Idari, traducida por E. Levi-Provençal, que indican que casou con Abu Nasr Al'Fath al-Ma'mun, rei da taifa de Córdoba, fillo do rei sevillano Muhammad ibn 'Abbad al-Mu'tamid (1040-1095). Polo tanto, era nora e non filla do rei 'Abbad al-Mu'tamid, como afirman outros historiadores.

No Cronicón de Cardeña dise que era sobriña de d'Auenalfage, personaxe ao que Menéndez Pidal, en La España del Cid, identifica con Alhayib, rei das taifas de Lleida e de Dénia (1081-1090).

A toma de Toledo editar

Afonso VI (1040-1109) toma en 1085 Toledo, alarmando aos andalusíes que ven perigar o seu futuro, forzándoos a tomar a decisión, non sen grandes reparos, de chamar en auxilio a uns curtidos guerreiros, nómades bérberes —sobre todo lamtunas— do outro lado do estreito e coñecidos como almorábides.

O rei sevillano al-Mutamid pídelles axuda nestes termos:

El [Afonso VI] véu pedíndonos púlpitos, minaretes, mihrabs e mesquitas para levantar nelas cruces e que sexan rexidas polos seus monxes [...] Deus vos concedeu un reino en premio á vosa Guerra Santa e á defensa dos Seus dereitos, polo voso labor [...] e agora contades con moitos soldados de Deus que, loitando, gañarán en vida o paraíso.
(Citado por al-Tud, Banu Abbad, de Ibn al-Jakib, al-Hulal, pp. 29-30).

A chegada dos almorábides editar

O caudillo almorábide Yusuf, sultán de Marrocos, cruzou cinco veces o estreito de Xibraltar. A primeira vez derrotou a Afonso VI en Sagrajas (1086), na segunda tivo lugar o cerco do castelo de Aledo (1088), na tercera vinda (1090) trouxo a firme decisión de destituír a todos os reis de taifas e proclamarse emir de toda al-Ándalus. Caeron Málaga, Granada e outras cidades e, vendo o xiro que tomaban os acontecementos, o rei al-Mu'tamid pediulle ao seu fillo al-Ma'mun, a quen deixara ao cargo do goberno de Córdoba, que mantivese a todo transo a posición da cidade, pois sería impensábel que tras a caída desta fortaleza puidera manter a de Sevilla.[2]

Os almorábides acercáronse a Córdoba e al-Ma'mun, prevendo un fatal desenlace, puxo a salvo á súa esposa, Zaida, e aos seus fillos, enviándoos con setenta cabaleiros, familiares incluídos, ao castelo de Almodóvar del Río, que anteriormente fortificara e abastecera.

A dispersión dos barrios cordobeses e a connivencia dos seus moradores cos almorábides influíron decisivamente para que o 26 de marzo de 1091 caera a capital, segundo o conta Abbad na súa crónica (T. I, pp. 54–55):

"Fath al-Ma'mun intentou abrirse camiño coa súa espada a través dos inimigos e dos traidores, pero sucumbiu ante o seu número. Cortáronlle a cabeza, puxérona na punta dunha pica e paseárona en triunfo".

No verán de 1091 Afonso VI de León, que recibía as parias da taifa de Sevilla, intentou cumprir coas súas obrigas de protector enviando, ao mando de Álvar Fáñez, un exército de socorro a Almodóvar del Río. Tras unha dura batalla a campo aberto contra os almorábides na que ambas as partes sufriron numerosas baixas, o enviado de Afonso VI foi derrotado, pero Zaida foi acollida no exército cristián, e chegou á corte de Afonso VI en Toledo, con quen casou, segundo contan algúns historiadores, tras se converter ao cristianismo e adoptar o nome de Isabel.[3]

Nacemento de Sancho editar

Moito se ten debatido sobre o nacemento do infante Sancho, pois as crónicas son contraditorias. O máis probábel é que nacera no segundo semestre de 1093 ou no primeiro de 1094.

O rei castelán era de idade madura e, tras cinco matrimonios e dous concubinatos, nom tivera ningún fillo varón que o sucedera. Desde o mesmo momento en que naceu Sancho Afónsez, o rei recoñeceuno como o seu directo descendente chamado a gobernar os reinos de León, Castela e Galicia (co condado Portucalense) e o resto dos condados. No quirógrafo da moeda dase a noticia de que o seu pai o nomeara en 1107 gobernador de Toledo.

Non queda claro nas fontes se Zaida chegou a casar con Afonso ou non. Na crónica De rebus Hispaniae, do arcebispo de Toledo Rodrigo Jiménez de Rada, cóntase entre as esposas de Afonso VI. Pero a Crónica najerense e o Chronicon mundi indican que Zaida foi concubina e non esposa do rei.[4] Outras fontes din que Zaida se acomodou na corte leonesa, renunciou ao islam, e bautizose en Burgos adptando o nome de Isabel. Non só conservou todos os seus costumes, senón que os difundiu, e introduciu novos e frescos aires culturais da sociedade musulmá. O arabista González Palencia escribe na súa Historia de la España Musulmana que a corte de Afonso VI, casado con Zaida (sic), parecía unha corte musulmá: «sabios e literatos muslims andaban ao lado do rei, a moeda acuñábase en tipos semellantes aos árabes, os cristiáns vestían a usanza mora e até os clérigos mozárabes de Toledo falaban familiarmente o árabe e coñecían moi pouco o latín, a xulgar polas anotacións marxinais de moitos dos seus breviarios».

Descendencia editar

Froito da súa relación con Afonso VI o Bravo, rei de Galicia, León e Castela, naceron tres fillos:

Sepultura de Zaida editar

O rei Afonso VI quixo que os restos mortais de Zaida descansaran no mesmo lugar que destinara para el mesmo, as súas esposas e os seus fillos e, por iso, certas fontes sinalan que Zaida foi sepultada no Mosteuro de San Bieito de Sahagún, exactamente no coro baixo, antes de chegar ao atril. Quadrado, en Recuerdos y bellezas de España, di que en "Sahagún descansa en túmulo alto o rei e debaixo dunha sinxela lápida Isabel e o mozo Sancho, seu fillo". Na lápida que cubría os restos de Zaida aparecía esculpida a seguinte inscrición latina:

UNA LUCE PRIUS SEPTEMBRIS QUUM FORET IDUS SANCIA TRANSIVIT FERIA II HORA TERTIA ZAYDA REGINA DOLENS PEPERIT.[6]

Porén, no Panteón de Reis de San Isidoro de León consérvase unha lápida, cuxo epitafio di así:

H. R. REGINA DOMNA ELISABETH, UXOR REGIS ALFONSI, FILIA BENAUET REGIS SIVILIAE, QUAE PRIUS ZAIDA FUIT VOCATA.

O sepulcro que contiña os restos de Afonso VI foi destruído en 1810, durante o incendio que sufriu o Mostiero de San Bieito. Os restos mortais do rei e os de varias das súas esposas, entre eles os de Zaida, foron recollidos e conservados na cámara abacial até o ano 1821, en que foron expulsados os relixiosos do mosteiro, sendo entón depositados polo abade Ramón Alegrías nunha caixa que foi colocada no muro meridional da capela do Crucifixo, até que, en xaneiro de 1835, os restos foron recollidos de novo e introducidos noutra caixa, e foron levados ao arquivo, onde se achaban neses momentos os despoxos das esposas do soberano. O propósito era colocar todos os restos reais nun novo santuario que se estaba construíndo daquela.[6] Porén, cando o Mosteiro de San Bieito foi desamortizado en 1835, os relixiosos entregaron as dúas caixas cos restos reais a un parente dun dos relixiosos, que as ocultou até que no ano 1902 foron achadas polo catedrático do Instituto de Zamora Rodrigo Fernández Núñez.[6]

Na actualidade, os restos mortais de Afonso VI repousan no Mosteirio das Beneditinas de Sahagún, aos pés do templo, nunha arca de pedra lisa e con cuberta de mármore moderna e, nun sepulcro proximo, igualmente liso, xacen os restos de varias das esposas do rei, entre eles os que se atribúen a Zaida.[7]

Os restos que se conservan da raíña Zaida (a bóveda craniama, a clavícula dereita, o úmero esquerdo e a metade distal do radio dese mesmo lado) dictaminan que tiña unha estatura de 152,6 cm. Os especialistas que estudaron os seus restos chegaron á conclusión de que no momento da súa morte debía ter uns 30 anos, do que se deduce que debeu nacer contra 1063.

Homenaxes editar

Cuenca quixo recoñecer á que dunha ou outra forma influíu na súa historia e así, no pleno do Concello de 16 de febreiro de 1959, sendo alcalde Bernardino Moreno Cañadas, adoptouse o acordo de dedicar unha rúa no Polígono de Los Moralejos, no Cerro Pinillos, de San Agustín, á princesa Zaida.

En Madrid, Zaida tamén ten a súa rúa desde o 14 de xullo de 1950, sendo alcalde o conde de Santa Marta de Babío. Discorre desde a de Carlos Daban á da Oca, no distrito de Carabanchel.

Tamén hai unha rúa dedicada a Zaida en Arboleas (Almería), no barrio de La Perla.

Na cidade de León existe tamén unha rúa co nome de Raíña Zaida.

Notas editar

  1. Reilly, Bernard F. (1995): The Contest of Christian and Muslim Spain, 1031-1157. Blackwell. ISBN 978-0-631-19964-9. Sinopse.
  2. Reilly, Bernard F. (1992): Cristianos y musulmanes 1031-1157. Barcelona: Crítica (Historia de España, VI) ISBN 978-84-7423-555-5. Lectura parcial.
  3. Martínez Diez, Gonzalo: (1999): El Cid histórico. Barcelona: Ed. Planeta, pp. 236-237. ISBN 84-08-03161-9.
  4. Pallares Méndez, María del Carmen e Ermelindo Portela (2006): La Reina Urraca, San Sebastián: Nerea (Serie media, 21), pp. 19 e ss. ISBN 978-84-96431-18-8.
  5. Xunto co seu marido, o conde Rodrigo, fan unha donción a Santa María de Piasca do seu mosteiro de San Mamés en abril de 1122, titulándose ela prolis filia regis Adephonsus. O 10 de maio de 1125, figura o conde Rodrigo coa súas fillas qua abuit de mea mulier infante domna Sanchia, filia regi imperatori Adefonsi non confirmando Sancha o documento. O conde Rodrigo xa figura casado coa súa segunda esposa, Estefanía Ermengol, en xullo de 1135.
  6. 6,0 6,1 6,2 Arco y Garay, Ricardo del (1954): Sepulcros de la Casa Real de Castilla. Madrid: Instituto Jerónimo Zurita. Consejo Superior de Investigaciones Científicas, pp. 192-196.
  7. Elorza et al. (1990), p. 55.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Arco y Garay, Ricardo del (1954): Sepulcros de la Casa Real de Castilla. Madrid: Instituto Jerónimo Zurita. Consejo Superior de Investigaciones Científicas.
  • Canal Sánchez-Pagín, José María (1991): "Jimena Muñoz, Amiga de Alfonso VI", Anuario de Estudios Medievales, 21: 11–40.
  • Elorza, Juan C.; Lourdes Vaquero; Belén Castillo e Marta Negro (1992): El Panteón Real de las Huelgas de Burgos. Los enterramientos de los reyes de León y de Castilla, 2ª ed. Editorial Evergráficas S. A. Junta de Castilla y León. Consejería de Cultura y Bienestar Social. ISBN 84-241-9999-5.
  • Lara, María; Poves, Marino; Sáiz, Agrimiro e Salas, Miguel (2008): La batalla de Uclés (1108) contra los almorávides. Ayuntamiento de Uclés, 2008.
  • Lévi-Provençal, Évariste (1934): "La 'Mora Zaida' femme d'Alfonse VI de Castile et leur fils l'Infant D.Sancho", Hesperis, 18: 1–8.
  • Martínez Díez, Gonzalo (2003): Alfonso VI: Señor del Cid, conquistador de Toledo.
  • Montaner Frutos, Alberto (2005): "La Mora Zaida, entre historia y leyenda (con una reflexión sobre la técnica historiográfica alfonsí)", Historist Essays on Hispano-Medieval Narrative: In Memory of Roger M. Walker. Londres: Maney Publishing for the MHRA (Publications of the Modern Humanities Research Association, 16), pp. 272–352.
  • Palencia, Clemente (1988): "Historia y leyendas de las mujeres de Alfonso VI", Estudios Sobre Alfonso VI y la Reconquista de Toledo, 281–90.
  • Sáiz Ordoño, Agrimiro (2010): Zaida, ¿esposa o concubina. Cuenca: Aldebarán Ediciones. ISBN 978-84-95414-79-3.
  • Salazar y Acha, Jaime de (1993-1993): "Contribución al estudio del reinado de Alfonso VI de Castilla: algunas aclaraciones sobre su política matrimonial", Anales de la Real Academia Matritense de Heráldica y Genealogía, 2: 299-336.
  • Salazar y Acha, Jaime de (2007): "De nuevo sobre la mora Zaida", Hidalguía: la Revista de Genealogía, Nobreza y Armas. 54: 225–242.

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar