Yurii Vynnytskyi

Metropolita de Kiev, Galicia e toda a Rus

Yurii Vynnytskyi (en ucraíno: Юрій Винницький; en polaco: Jerzy Winnicki; en belaruso: Юрый Вінніцкі), nado o 24 de xullo de 1660 en Przemyśl (Rutenia, Coroa do Reino de Polonia) e finado o 22 de setembro de 1713 en Strashevychi, foi un eclesiástico grecocatólico ruteno, metropolita de Kíiv e Galicia e toda a Rus dende 1710 até a súa morte.

Юрій Винницький
(Yurii Vynnytskyi)
Metropolita da Igrexa Católica Bizantina Ucraína
Biografía
Nacemento24 de xullo de 1660
Pasamento22 de setembro de 1713 en Strashevychi
Ordes
Ordenación sacerdotal2 de maio de 1700, por Hedeon Boina-Oranskyi
Consagración episcopal6 de xuño de 1700, por Lev Zalenskyi
Metropolita de Kíiv, Galicia e toda a Rus
1710 - 1713
PredecesorLev Zalenskyi
SucesorLev Kyshka
Outros
Ficha en catholic-hierarchy.org

Traxectoria editar

En 1691 aceptou a unión de Brest, pasando a estar en comuñón coa Igrexa Católica.

O 12 de abril de 1700 foi elixido bispo de Przemyśl, Sambor e Sanok, e no mesmo mes profesou na Orde de San Basilio Magno.

O 2 de maio de 1700 foi ordenado sacerdote polo bispo de Chełm Hedeon Voina-Oranskyi, e o 6 de xuño recibiu a consagración episcopal de mans do metropolita Lev Zalenskyi.

En 1707 foi nomeado administrador da eparquía de Mukacheve, o 14 de agosto de 1708 foi nomeado administrador das eparquías de Kíiv e de Volodymyr e Brest, e o 28 de agosto da de Lviv.

En 1710 renunciou como administrador de Mukacheve e de Lviv. O 7 de maio de 1710 foi elixido metropolita de Kíiv, Galicia e toda a Rus. En 1711 renunciou como administrador de Volodymyr e Brest.

Finou no cargo o 22 de setembro de 1713.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar


Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
Inokentii Vynnytskyi
 Bispo de Przemyśl 
1700 - 1713
Sucesor:
Lev Kyshka (administrador, 1713 - 1715)
Yeronim Ustrytskyi (bispo)
Predecesor:
Lev Zalenskyi
 Metropolita de Kíiv, Galicia e toda a Rus 
1710 - 1713
Sucesor:
Lev Kyshka