Yrsa Sigurðardóttir

escritora islandesa

Vilborg Yrsa Sigurðardóttir, nada o 24 de agosto de 1963 en Reiquiavik, é unha escritora islandesa.

Infotaula de personaYrsa Sigurðardóttir

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(is) Vilborg Yrsa Sigurðardóttir Editar o valor em Wikidata
24 de agosto de 1963 Editar o valor em Wikidata (60 anos)
Reiquiavik (Islandia) Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeIslandia Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Islandia
Universidade Concordia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoEscrita creativa e profesional, detective literature (en) Traducir, literatura infantil e xuvenil e construction industry (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónescritora , escritora de literatura infantil , enxeñeira civil Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1998 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua islandesa Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm2969464 Facebook: YrsaSig Musicbrainz: f0e50c7c-785e-47c7-8f6c-849a6a12b8b2 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Estudou enxeñaría civil na Universidade de Islandia, completando en 1997 os seus estudos na Universidade Concordia en Montreal, traballou durante varios anos na empresa Fjarhitun e logo foi enxeñeira na construción do encoro de Kárahnjúkar. En 1998 publicou o seu primeiro libro, unha obra infantil, Þar lágu Danir í því. Ao que lle seguiu o ano seguinte Við viljum jól í júlí e que logrou o recoñecemento do consello do libro infantil de Islandia, a sección islandesa do IBBY. Nos anos seguintes publicou máis libros dirixidos ao público infantil  Barnapíubófinn, Búkolla og bókarránið (2000), B 10 (2001) e Bíóbörn (2003), gañador do premio Íslensku barnabókaverðlaunin. As súas historias infantís están moi marcadas por un característico ton humorístico.

A súa primeira obra dirixida ao público adulto, a novela policial Þriðja táknið de 2005, converteuse nun éxito editorial no seu país e internacional, e deu orixe a unha serie de novelas protagonizadas pola avogada Þóra Guðmundsdóttir, que traballa con intuición e unha rigorosa lóxica[1], e que se traduciu a máis de 30 linguas[2]. As súas novelas caracterízanse polas súas escenas particularmente escuras e a súa sutil afinidade polo sobrenatural.

Obra editar

Infantil editar

  • Þar lágu Danir í því (1998)
  • Við viljum jólin í júlí (1999)
  • Barnapíubófinn, Búkolla og bókarræninginn (2000)
  • B 10 (2001)
  • Biobörn (2003)

Þóra Guðmundsdóttir editar

  • Þriðja táknið (2005)
  • Sér grefur gröf (2006)
  • Aska (2007)
  • Auðnin (2008)
  • Horfðu á mig (2009)
  • Brakið (2011)

Freyja e Huldar editar

  • DNA (2014)
  • Sogið (2015)
  • Aflausn (2016)
  • Gatið (2017)

Fóra dunha serie editar

  • Ég man þig (2010)
  • Kuldi (2012)
  • Lygi (2013)

Notas editar

  1. Mitzi M. Brunsdale (2016) Encyclopedia of Nordic Crime Fiction: Works and Authors of Denmark, Finland, Iceland, Norway and Sweden since 1967 Jefferson: McFarland, p. 233
  2. "Yrsa Sigurðardóttir" Icelandic Literature Center