Yo, minoría absoluta

Yo, minoría absoluta é o oitavo álbum de estudio do grupo estremeño de rock Extremoduro, gravado e producido por Iñaki "Uoho" Antón e publicado por DRO no 2002.

Yo, minoría absoluta
Álbum de Extremoduro
Xénero(s)Rock
Selo(s)Lorentzo Records
Producido porIñaki "Uoho" Antón

Tras un descanso discográfico de catro anos desde Canciones prohibidas, publicado no 1998, Extremoduro publicou no 2002 un novo disco que foxe da artificiosidade e os complicados arranxos, seccións de corda e vento incluídas, deste último. Con Yo, minoría absoluta o grupo volve ao rock duro que lle caracterizou durante toda a súa traxectoria musical. Á hora de publicalo, Roberto Iniesta, líder de Extremoduro, calificouno como O mellor álbum que (Iniesta, como compositor) fixo nunca.

Orixinalmente o álbum foi publicado co formato de CD máis DVD; mentres que o primeiro incluía o disco en si, o segundo contiña dous videoclips correspondentes a dous temas do disco e cinco temas gravados en directo.

O público, despois da menor aceptación de Canciones prohibidas, si recibiu de bo grado o novo disco, do que saíron algúns himnos para o grupo que confirmaron que a banda non perdera fol co paso do tempo. Destacan principalmente A fuego, La vereda de la puerta de atrás, Puta e Standby. Esta última posúe a característica, estraña nas cancións de Extremoduro, de narrar unha historia de amor en terceira persoa.

Contido editar

Lista de cancións editar

Yo, minoría absoluta
Título Duración
01 "A fuego" 05:26
02 "La vereda de la puerta de atrás" 04:03
03 "Hoy te la meto hasta las orejas" 03:43
04 "Standby" 03:28
05 "Menamoro" 03:08
06 "Luce la oscuridad" 03:51
07 "Cerca del suelo" 04:42
08 "Puta" 05:38
09 "Buitre no come alpiste" 04:18
10 "La vieja (canción sórdida)" 04:42

No cinema editar

Tres cancións do disco, Puta, A fuego e Standby, aparecen no filme La flaqueza del bolchevique (2003) de Manuel Martín Cuenca, que reflicten o estado de ánimo e situacións do protagonista, interpretado por Luís Tosar. No obradoiro desa mesma película tamén soaba Standby.