Yap ou Waqab (yapés Waqab[1]) é unha illa das Carolinas no océano Pacífico occidental, no estado máis ao oeste dos Estados Federados de Micronesia. O nome "Yap" nos últimos anos serve tamén para referirse ao Estado de Yap, como un dos Estados Federados de Micronesia, inclúe a illa principal de Yap e as súas diversas illas exteriores. A "illa" de Yap consiste en realidade en catro illas continentais moi próximas (Marbaq), Gagil-Tamil, Maap (Maap′), e Rumung, xuntas e rodeadas por un arrecife de coral común. Formáronse a partir dunha elevación da Placa Filipina, e coñécense como illas "altas" en lugar dos habituais atois. O relevo é na súa maioría outeiros densamente cubertos de vexetación. Os pantanos de mangleiral alíñanse por gran parte da costa, aínda que hai praias nos lados norte das illas. A barreira externa de arrecifes rodea as illas, encerrando unha lagoa entre os arrecifes lindeiros e o bordo interno da barreira de arrecifes.

Yap
Yap
Mapa das illas Yap
Situación
PaísEstados Federados de Micronesia Micronesia
Coordenadas9°32′N 138°07′L / 9.533, -138.117
Xeografía
Superficie100´16 km²
Punto máis alto178 m.
Demografía
CapitalColonia
Poboación11.377 hab. (censo 2010)
Densidade37 hab./km²

A cultura e tradicións indíxenas de Yap son fortes en comparación con outros estados de Micronesia, é quizais o máis tradicional dos catro estados dos Estados Federados de Micronesia.[2]

Colonia é a capital do Estado de Yap, a súa administración inclúe as illas principais de Yap, as illas veciñas e as illas exteriores unhas 130 (na súa maioría atois) que chegan ata uns 800 km. ao leste e o sur das illas principais de Yap, están, os atois de Eauripik, Élato, Faraulep, Gaferut, Ifalik, Lamotrek, Ngulu, Olimarao, Piagailoe (West Fayu), Pikelot, Sorol, Ulithi, e Woleai, así como as illas de Fais e Satawal (véxase o mapa). Historicamente, existía un sistema tributario entre as illas veciñas e as illas principais de Yap. Probablemente relacionado coa necesidade de que as mercancías procedían das illas altas, incluídos os alimentos, así como a madeira para a construción de buques para a navegación marítima.

A poboación do estado en 2010 era de 11.377 habitantes, a suma de Colonia e os outros dez concellos. O estado ten unha superficie total de 102 km².[3]

Xeografía editar

Xeral editar

O grupo está formado por catro grandes illas volcánicas unha decena de pequenos illotes de coral, que se atopan preto un do outro e rodeados dun arrecife común en forma de cuña. As catro illas principais son:

  • Yap (a illa principal do arquipélago) (56´15 km²)
  • Gagil-Tomil (28´82 km²)
  • Maap (10´64 km²)
  • Rumung (4´30 km²)

As dez illas restantes

  • Bileegiliy (Ruul)
  • Biy (Tamil Harbor)
  • Dilmeet (Maap)
  • Fangaamat (Ruul)
  • Garim (Sur)
  • Paakeal (Tamil Harbor)
  • Qaelik (Sur) (rocha)
  • Ruunguch (Maap)
  • Taraang (Tamil Harbor)
  • Mitheathow (antes Gagil)

teñen unha superficie de só 0´24 km².

As illas habitadas do grupo son de orixe volcánico, montañosas, boscosas e habitadas nas rexións costeiras. As outras illas de Yap son todas pequenas illas de coral planas e deshabitadas. O arrecife que rodea inclúe unha lagoa de 26 km².

A situación das illas editar

Nome Coordenadas superficie (km²) Poboación
Yap 09°30′45″N 138°05′34″L / 9.51250, -138.09278 56 6.000
Gagil-Tomil 09°32′36″N 138°09′57″L / 9.54333, -138.16583 29 1.670
Maap 09°35′38″N 138°09′57″L / 9.59389, -138.16583 11 590
Rumung 09°37′12″N 138°09′18″L / 9.62000, -138.15500 4 125
Bileegiliy 09°29′35″N 138°06′07″L / 9.49306, -138.10194 ... 0
Fangaamat 09°29′27″N 138°06′00″L / 9.49083, -138.10000 ... 0
Garim 09°27′07″N 138°04′37″L / 9.45194, -138.07694 ... 0
Biy 09°31′09″N 138°08′12″L / 9.51917, -138.13667 ... 0
Taraang 09°31′38″N 138°07′54″L / 9.52722, -138.13167 ... 0
Paakeal 09°31′53″N 138°07′44″L / 9.53139, -138.12889 ... 0
Dilmeet 09°36′57″N 138°10′33″L / 9.61583, -138.17583 ... 0
Ruunguch 09°34′51″N 138°08′43″L / 9.58083, -138.14528 ... 0
Qaelik 09°26′31″N 138°03′43″L / 9.44194, -138.06194 ... 0
Mitheathow 09°33′46.3″N 138°11′51.3″L / 9.562861, -138.197583 0,00064 0

O illote Mitheathow, que se atopa, de acordo cos mapas antigos, a poucos metros da costa nordés de Gagil-Tomil, aparece nas imaxes de satélite actuais logo do crecemento do mangleiral como unida con Gagil.

Historia editar

 
Transporte da pedra do diñeiro á illa de Yap (1880)

O primeiro avistamento rexistrado de Yap polos europeos produciuse durante a expedición española de Álvaro de Saavedra en 1528. O seu avistamento tamén rexistrouno a expedición española de Ruy López de Villalobos o 26 de xaneiro de 1543, que os identificou como Los arrecifes ("os arrecifes").[4][5][6] En Yap, a expedición de Villalobos recibiu o mesmo saúdo sorprendente, que xa recibiran previamente na Illa Fais dos nativos que se achegaron aos barcos en canoas, "Buenos días Matelotes!" ("Bos días mariñeiros!") en perfecto español do século XVI evidenciando a anterior presenza dos españois na zona. O relato orixinal desta historia inclúese no informe que o agostiño Frei Jerónimo de Santisteban, que viaxa coa expedición de Villalobos, escribiu para o vicerrei de Nova España, mentres estaba en Kochi durante a viaxe de regreso.[7] Yap tamén apareceu nos mapas españois como Los Garbanzos (os garavanzos en galego) e Gran Carolina.

Desde o século XVII ata 1899, Yap foi unha colonia española dentro da Capitanía xeneral de Filipinas. O españois utilizaron a illa de Yap como prisión para os condenados durante a Revolución filipina.[8]:204–212 Despois da derrota contra os Estados Unidos en 1898 e a conseguinte perda de Filipinas, España vendeu estas illas e as súas outras posesións menores do Pacífico a Alemaña.

Yap foi un importante centro de comunicacións navais alemán antes da primeira guerra mundial e un importante centro internacional de telegrafía por cable, con ramificacións a Guam, Xangai e Manado (costa norte de Sulawesi). Foi ocupada polas tropas xaponesas en setembro de 1914, e pasaron a estar baixo o imperio xaponés polo Tratado de Versalles en 1919 como un territorio baixo mandato supervisado pola Sociedade de Nacións. Os dereitos comerciais dos Estados Unidos na illa asegurados por un tratado especial entre os EUA e o Xapón neste sentido, concluíron o 11 de febreiro de 1922.[9]

Na segunda guerra mundial, os xaponeses, conservaron Yap xa que foi unha das illas pasadas por alto polos EUA na estratexia "de illa en illa", malia que foi bombardeada regularmente por barcos e avións dos Estados Unidos, os bombardeiros xaponeses baseados en Yap si fixeron algún dano. A guarnición xaponesa comprendía 4.423 homes do EIX baixo o mando do Coronel Daihachi Itoh e 1.494 homes da AIX.[10]

Ao final da segunda guerra mundial, Yap foi ocupada polos militares dos Estados Unidos. Os Estados Unidos a mantiveron como ao resto das illas Carolinas como un fideicomiso en virtude dun mandato das Nacións Unidas (o "Territorio en Fideicomiso das Illas do Pacífico") ata 1986. Nese ano, Yap, Truk, Estado de Pohnpei e Kosrae formaron a nación independente dos Estados Federados de Micronesia. Baixo un Tratado de Libre Asociación cos Estados Unidos, os cidadáns de Micronesia e as mercancías poden entrar nos Estados Unidos, con poucas restricións.

Un Corpo de Paz americano esta activo en Yap desde 1966. Outras organizacións sen ánimo de lucro con sede nos Estados Unidos, teñen unha presenza continua tanto en Yap como nas súas illas periféricas, para reducir as disparidades e as desigualdades no estado.

Cultura editar

Diñeiro de pedra editar

Artigo principal: Moeda de pedra.
 
Un grande exemplo (aproximadamente 2´40 metros de altura) de diñeiro de pedra (rai) yapés na vila de Gachpar

Yap é coñecida polo seu diñeiro de pedra, coñecido como rai, gran pedra en forma de rosquilla, discos tallados de calcita (polo xeral), de ata 4 m de diámetro e un peso de cinco toneladas (a maioría son moito máis pequenos). O máis pequeno pode ter 3´5 cm. de diámetro.[11] Hai cinco tipos principais de moedas: Mmbul, Gaw, Fe' ou Rai, Yar, e Reng, este último só de 0´3 m de diámetro. Moitas delas traídas doutras illas, como a distante Nova Guinea, pero a maioría chegaron en tempos antigos desde Palau. O seu valor baséase no tamaño tanto da da pedra como da súa historia. Por exemplo, cunha moeda de 10 centímetros pódese comprar un porco, cunha de catro metros, pódese adquirir todo un poboado. Os habitantes da zona coñecen o nome e a historia de todos os propietarios das grandes pedras. Historicamente os yapeses valoraron os discos xa que o material parécese ao cuarzo, e estes eran os obxectos máis brillantes dispoñibles. Co tempo as pedras convertéronse en moeda de curso legal e eran ata obrigatorio nalgúns pagos.[12]

O valor das pedras mantense alto debido á dificultade e os riscos involucrados na obtención dos mesmos. Para sacar as pedras da canteira, aventureiros yapeses tiñan que navegar a illas distantes e facer fronte aos habitantes locais que ás veces eran hostís. Unha vez extraídas, os discos tiñan que ser transportado de volta a Yap en balsas remolcadas detrás de canoas impulsadas por velas. A escaseza dos discos, e o esforzo e o perigo necesario para conseguilos, fíxoas valiosas para os habitantes de Yap.

En 1874, un emprendedor irlandés, un capitán de barco estadounidense chamado David O'Keefe tivo a idea de importar "diñeiro" en forma de cargamentos de grandes pedras, tamén de Palau. O'Keefe logo negociou con estas pedras cos yapeses para mercar outras materias primas como o cogombro de mar e copra. Na película de 1954 A súa maxestade dos mares do sur Burt Lancaster interpreta o papel do capitán.[13] Malia que algunhas das pedras O'Keefe son máis grandes que as pedras transportadas en canoa, son menos valiosa que a pedras anteriores debido á relativa facilidade coa que se obtiveron.

Como non se producen ou importan máis discos, esta oferta de diñeiro é fixa.[14] Os insulares saben que é o dono da peza, pero non se move necesariamente cando cambia de propiedade. O seu tamaño e peso (as máis grandes requiren de 20 homes adultos para levala) fan moi difícil movelas. Aínda que hoxe en día o Dólar estadounidense é a moeda utilizada para as transaccións cotiás en Yap, os discos de pedra aínda se utilizan para o intercambios máis tradicionais ou cerimoniais. Os discos de pedra poden cambiar a propiedade durante o matrimonio, as transferencias de títulos de propiedade, ou como compensación polos danos sufridos pola parte prexudicada.[15]

Estruturas habitables editar

Hai tres tipos de edificios tradicionais en Yap. O "tibnaw" é unha casa familiar e ten un teito de palla tecida (follas de palma secas). No interior, hai unha sala aberta sen lavabo. As cociñas son estruturas (Tang) separadas fóra da casa.[16]

O "faluw" é a "casa dos homes", estes edificios foron construídos na costa, con fácil acceso ao mar. Antes da primeira guerra mundial, as mulleres eran secuestradas e levadas ao faluw. Hoxe en día esta práctica xa non se produce. As mulleres consideraban que era un honor ser elixida para o faluw, xa que só as mulleres máis belas eran levadas alí. Estas mulleres chamábanse "mispil" (muller residente) do faluw. A medida que a cultura da illa foi cada vez máis influenciada polo resto do mundo e os seus puntos de vista sobre a prostitución, esta práctica terminou.[16]

A máis grande dos tres tipos é o "p'ebay ", un lugar que serve para unir a comunidade, para escola, bailes ou reunións. Do mesmo xeito que en todas as estruturas en Yap, é necesario obter permiso antes de entrar. Hai algunhas casas dos homes nas que se permite entrar á mulleres, con todo, a xente debe pedir sempre permiso.

Lingua e etnicidade editar

O yapés pertence á linguas austronesias, máis concretamente, ás linguas oceánicas. Yap foi inicialmente poboada por antigos emigrantes da península de Malaisia, o arquipélago de Indonesia, Nova Guinea e as Illas Salomón. Os habitantes das illas veciñas son descendentes de colonos da Polinesia,[Cómpre referencia] e como tal, existen diferenzas étnicas significativas na poboación das illas principais de Yap. A súa cultura e os idiomas (Ulithian e Woleaian) están estreitamente relacionados cos das illas exteriores de Chuuk.

 
Estrutura de estilo tradicional co diñeiro de pedra, mostra unha gran riqueza. As primeiras pedras foron extraídas de Palau e levadas por canoa a uns 450 km.

Navegación editar

Os yapeses e os habitantes das illas veciñas, foron uns dos navegantes máis recoñecidos no Pacífico. Os mariñeiros yapeses viaxaban distancias fenomenais en canoas, sen a axuda de compás, navegaban polas estrelas e os patróns das ondas do mar, utilizando técnicas de Micronesia e da navegación polinesia. Durante os tempos pre-coloniais, o pobo da illa de Yap estableceu un imperio e dominaron sobre as illas veciñas que agora forman o Estado de Yap. A partir do século XIX, Yap foi colonizada polos españois, alemáns e xaponeses consecutivamente.

Estrutura social editar

A sociedade de Yap baséase nun moi complexo "sistema de castas" que ten polo menos sete niveis de rango. Historicamente, o rango da casta dunha vila enteira podía aumentar ou diminuír en comparación con outras vilas en función de como lles ía nas guerras entre as aldeas. Os pobos gañadores subían de rango como parte do acordo de paz, mentres que os pobos perdedores terían que aceptar unha diminución de rango. En moitos casos requiríase que os pobos máis baixos no rango renderan homenaxe aos pobos de maior rango. Ademais, podían impoñerse tabús dietéticos aos pobos de rango inferior, é dicir, que poderían ter prohibidas determinadas colleitas e comer os mellores peixes e animais do mar. Ademais, dentro de cada vila cada familia tiña o seu propio rango.

Ata a chegada dos colonizadores alemáns, o sistema de clasificación de castas era fluída e os rangos das vilas e as familias cambiaban como consecuencia dás intrigas e guerras entre aldeas. A principios do século XX, a administración colonial alemá "pacificou" Yap e fixo cumprir a prohibición de conflitos violentos. A clasificación moderna de castas de cada vila en Yap, polo tanto segue sendo a mesma que era cando os alemáns conxelaron o sistema no lugar. A conxelación deixou ás vilas de Teb, Gachpar, e Ngolog hoxe en día os municipios de Tamil, Gagil e Rull, respectivamente, no rango máis alto.

Clima editar

Datos climáticos para Yap
Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Anual
Temperatura máxima en °C 33 34 34 35 35 34 34 36 34 34 34 36 36
Media máxima en °C 30,1 30,2 31,1 31,2 30,9 30,7 30,6 30,8 30,9 30,9 30,4 30,7 30,7
Media diaria en °C 26,8 26,9 27,5 27,6 27,3 27,1 27,1 27,1 27,2 27,3 27,1 27,2 27,2
Media mínima en °C 23,5 23,5 24,0 24,1 23,8 23,6 23,4 23,4 23,5 23,7 23,8 23,7 23,7
Temperatura mínima en °C 19 19 19 19 18 19 18 19 19 17 18 17 17
Precipitación media mm 186,2 151,9 151,4 146,3 230,1 322,3 369,3 386,1 343,2 304 230,4 228,3 3 049,5
Media de días con precipitacións (≥ 1.0 mm) 16,8 13,4 13,7 12,6 17,1 20,2 21,2 20,9 19,3 20,1 18,7 17,6 211,6
Humidade relativa media (%) 82 81 80 79 81 83 84 84 84 84 83 83 82,3
Media de horas de sol mensuais 210,8 211,9 251,1 255,0 244,9 201,0 189,1 176,7 180,0 170,5 192,0 198,4 2 481,4
Fonte #1: Weatherbase[17]
Fonte #2: Observatorio de Hong Kong (sol, precipitación entre 1961 e 1990)[18]
 

Notas editar

  1. "Yap". Yapese Dictionary: English Finderlist. Actualizado o 15 de xuño de 2012. Consultado o 25 de novembro de 2013.
  2. Mary B. Dickenson (ed.). National Geographic Picture Atlas of Our World. National Geographic Society. p. 235. ISBN 0-87044-812-9. 
  3. "FSM Population". Fsmgov.org. Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2012. Consultado o 2012-06-15.  Arquivado 29 de xuño de 2012 en Wayback Machine.
  4. Coello, Francisco (1885). "Conflicto hispano-alemán". Boletín de Sociedad Geográfica de Madrid (Madrid) 19: 233–234, 238, 282. 
  5. Brand, Donald D. (1967). The Pacific Basin: A History of its Geographical Explorations. New York: The American Geographical Society. p. 123. OCLC 361174. 
  6. Sharp, Andrew (1960). The discovery of the Pacific Islands. Oxford: Clarendon Press. p. 28. 
  7. Colección de documentos inéditos del Archivo de Indias v. Madrid. 1866. pp. 117–209. , vol.xiv (Madrid, 1870), pp.151-65.
  8. Alvarez, Santiago V. (1992). Recalling the revolution: memoirs of a Filipino general. Madison, WI: University of Wisconsin, Center for Southeast Asian Studies. ISBN 1-881261-05-0. 
  9. Text in League of Nations Treaty Series, vol. 12, pp. 202-211.
  10. Takizawa, Akira; Alsleben, Allan (1999–2000). "Japanese garrisons on the by-passed Pacific Islands 1944-1945". Forgotten Campaign: The Dutch East Indies Campaign 1941-1942. Arquivado dende o orixinal o 06 de xaneiro de 2016. Consultado o 05 de xullo de 2016.  Arquivado 6 de xaneiro de 2016 en Wayback Machine.
  11. Gillilland, Cora Lee C. (1975). The Stone Money of Yap. A Numismatic Survey. (Smithsonian Studies in History and Technology 23). Washington, DC: Smithsonian Institution Press. p. 75. 
  12. Goldberg, Dror. "Famous Myths of 'Fiat Money'", Journal of Money, Credit and Banking 2005, 957-967
  13. His Majesty O'Keefe (movie). 1954. Consultado o 28 Aug 2013. 
  14. Washington Post, 1984.
  15. Buchanan, Neil H. "Dorf on Law". Consultado o 21 de novembro de 2015. 
  16. 16,0 16,1 Engle, Tim; Orr, Francine. "Yap Facts – A Primer on Yapese Culture". The Kansas City Star. Arquivado dende o orixinal o 01 de agosto de 2013. Consultado o 2014-08-09.  Arquivado 01 de agosto de 2013 en Wayback Machine.
  17. "Weatherbase: Historical Weather for Yap, Federated States of Micronesia". Weatherbase. Consultado o 13 de decembro de 2012. 
  18. "Climatological Information for Yap, Pacific Islands, United States". Hong Kong Observatory. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 13 de decembro de 2012.  Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar