Xustiza social

dereito humano fundamental

A xustiza social só pode definirse a partir do feito concreto da inxustiza social.[1] Algúns estudosos sosteñen que o concepto «xustiza social» correspóndese coa «xustiza distributiva» de Aristóteles, en tanto que a noción de «xustiza conmutativa» corresponde á idea clásica de xustiza nas sociedades modernas.[2]

A maneira máis recorrida para facer xustiza ou criticala é a protesta. Protestas en Exipto de 2011 contra o presidente Hosni Mubarak.

Entre os temas que en interesan á xustiza social atópanse a igualdade social, a igualdade de oportunidades, o Estado de benestar, a cuestión da pobreza, a distribución da renda, os dereitos laborais e sindicais, etc.

En 2007, a Nacións Unidas proclamou o 20 de febreiro de cada ano, como Día Mundial da Xustiza Social (A/RES/62/10),[3] co obxectivo de promover sistemas político-económicos baseados nos principios de xustiza, equidade, democracia, participación, inclusión e pleno emprego.

Orixe e evolución do concepto editar

Aínda que non hai certeza do primeiro uso da expresión "xustiza social", fontes temperás poden ser atopadas en Europa no século XVIII.[4] Algunhas referencias do uso desta expresión son artigos de revistas inspiradas polo espírito da Ilustración, nos cales a xustiza social é descrita como unha obriga do monarca; tamén o termo está presente en libros de teólogos italianos católicos, especialmente membros da Compañía de Xesús.[5][6][7] De acordo a estas fontes e o seu contexto, a xustiza social era outro termo para dicir "a xustiza da sociedade", a xustiza que goberna as relacións entre os individuos da sociedade, sen referencia algunha á equidade socio-económica ou a dignidade humana.[8]

O uso do termo empezou a volverse máis frecuente por pensadores católicos dende mediados do século XIX, incluíndo o xesuíta Luigi Taparelli no libro Saggio teoretico di dritto naturale, appoggiato sul fatto (Ensaio teórico do dereito natural apoiado nos feitos), publicado en 1843, en Livorno, Italia.[9]

Notas editar

  1. Korn, Alejandro (1922). La libertad creadora, Claridad: Buenos Aires
  2. Sampay, Arturo E. (1974), Constitución y Pueblo, Buenos Aires: Cuenca
  3. "Día Mundial de la Justicia Social. 20 de febrero" (en castelán). Consultado o 30.11.2022. 
  4. "Unveiling the Meaning of Social Justice in Colombia" (2). ISSN 2448-5306. Arquivado dende o orixinal o 29 de marzo de 2018. Consultado o 17 de abril de 2018. 
  5. Journal encyclopédique... [Ed. Pierre Rousseau] (en francés). De l'Imprimerie du Journal. 
  6. L'Esprit des journaux, françois et étrangers (en francés). Valade. 
  7. L'Episcopato ossia della Potesta di governar la chiesa. Dissertazione (en italiano). na. 
  8. "Unveiling the Meaning of Social Justice in Colombia" (2). ISSN 2448-5306. Arquivado dende o orixinal o 29 de marzo de 2018. Consultado o 17 de abril de 2018. 
  9. "Luigi Taparelli on the Dignity of Man" (PDF). E-aquinas - Instituto Santo Tomás de la Fundación Balmesiana. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29 de marzo de 2017. Consultado o 17 de abril de 2018.  Arquivado 29 de marzo de 2017 en Wayback Machine.